DUVI

Diario da 鶹

Eva Monroy estudou as obras realizadas por preto de 100 mulleres nas últimas tres décadas

Da ecoloxa ao feminismo: unha tese analiza como as artistas crean con obxectos atopados

A investigacin céntrase na acumulacin e recoleccin como metodoloxa de traballo

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Igualdade
  • Medio Ambiente
  • Աپ
Eduardo Muiz DUVI Pontevedra 03/03/2022

Na década de 1990, a artista norteamericana Portia Munson dedicouse a coleccionar obxectos rosas para rematar constatando a imposibilidade de atopar algo desta cor que non tivese que ver coas nenas ou coas mulleres. Preto de tres décadas despois, a alem Liina Klauss puxo o foco nos efectos que a accin do ser humano ten nos ecosistemas a través dunha escultura realizada con preto de 5000 sandalias atopadas nunha praia de Bal. Estes son dous dos exemplos das obras realizadas ao longo dos últimos 30 anos por “artistas recolectoras”, valéndose de materiais cotis, obxectos atopados ou residuos, nas que Eva Monroy centrou a súa tese de doutoramento en Creacin e Աپ en Arte Contempornea. A través da anlise dos traballos e traxectorias de preto dun centenar de artistas e das entrevistas que realizou a unha vintena de creadoras de diferentes pases, Monroy afonda na súa tese en como esta “metodoloxa artstica”, baseada na recoleccin e acumulacin, tense erixido como “unha canle de comunicacin moi potente para a reivindicacin”, como amosa o feito de que dúas das temticas mis presentes na súa anlise sexan as problemticas ambientais e as desigualdades por razns de sexo.

Dirixida pola profesora da Facultade de Belas Artes Silvia Garca, a tese Recolectoras. El dispositivo de la acumulacin en artistas mujeres entre 1989-2019 ten como punto de partida o propio proceso de traballo de Monroy como artista, investigadora ou docente. “O fo condutor do meu proceso creativo, faga o que faga, é a recoleccin, xa sexa de imaxes, xa sexa de obxectos ou materiais...”, recoece a xa doutora pola 鶹. Partindo desta idea, Monroy e Garca decantronse por centrar a investigacin nas artistas mulleres, explica, “cando nos demos conta que o tema da recoleccin, anda sendo un tema asociado antropoloxicamente muller, estaba infestado de estrellitas masculinas”. De a que intentase “exemplificar” toda esta anlise coas obras de mulleres, “coa intencin de revisar o canon da arte contempornea” e demostrar que a súa historia “pode ser contada doutra maneira”. Neste punto, Monroy sinala un dato achegado pola comisaria e crtica Semramis Gonzlez, que apunta que se ben o 70% dos titulados e tituladas en Belas Artes son mulleres, “nos premios, exposicins e actividades culturais, a presenza de artistas mulleres é do 25%”. 

A capacidade reivindicativa da acumulacin

“É curioso observar como obxectos acumulados participan dunha presenza fsica contundente, robusta e extensiva. Non pasan desapercibidos, pero para amosarnos aquilo que est oculto, velado”, sinala Monroy, que incide en as “acumulacins son puras alegoras”, que serven para “facer visible o invisible”, como apunta nesta tese a profesora de Belas Artes Ana Soler como unha das artistas entrevistadas. Partindo destas ideas, Monroy aborda como en torno a esta metodoloxa de traballo “circulan unha serie de temticas de tendencia na arte actual”, como os vnculos coa antropoloxa e a arqueoloxa, “diferentes formas de artivismo, arquivo e memoria, a poética do percorrido, etc”. 

Unha das tendencias mis destacadas radica no potencial deste tipo de obras para “evidenciar determinadas problemticas” a través da acumulacin de obxectos cotis. “Dentro desta capacidade comunicativa que ten traballar coa cantidade, hai pezas e instalacins que teen un poder altamente reivindicativo, que poderan enmarcarse dentro do que se denomina o artivismo”, sinala a artista e investigadora. Neste eido, “quizais o gran fo condutor” deste tipo de creacins na actualidade sexa o “gran problema medioambiental dos residuos”, valéndose do feito de que o traballo co lixo como material, “polo seu carcter simblico ou metafrico”, sempre deu “moito xogo” aos creadores e creadoras, “especialmente na arte moderna e contempornea”. Son moitas, destaca neste punto a autora desta tese, as artistas “que coleccionan os obxectos descartados pola sociedade”, como sera o caso de Liina Klauss ou de Portia Munson, que a través da acumulacin de obxectos de cor azul “lévanos irremediablemente asociacin coa auga e as grandes illas de plstico existentes en todos os océanos”, apunta.

“Outra gran temtica, que xorde primordialmente por acoutar a tese a artistas mulleres é a recoleccin de obxectos que teen relacin co concepto problemtico do feminino”, engade Monroy. Neste punto, a investigacin detense no traballo de artistas como a propia Munson ou Joana Vasconcelos, que traballa coa “acumulacin de obxectos que teen que ver co doméstico”. Non obstante, a través desta metodoloxa, as artistas tratan tamén outra serie de  “problemticas ben diferentes”, sinala Monroy, que aborda como algunhas creadoras constrúen autorretratos con materiais atopados, mentres que outras emprégannos para “falarnos de memoria histrica, a modo de arquivo ou reliquia”. Ese sera o caso, por exemplo, do traballo realizado por Janet Nolan con luvas recollidas nas runas do 11S en Nova York ou das “acumulacins de zapatos ou maletas de Chiharu Shiota”. 

Entrevistas a artistas de oito pases

“Este traballo propn un percorrido polas obras de artistas mulleres cunha metodoloxa de traballo baseada na recoleccin e acumulacin de obxectos cotins, detritos ou obxectos descartados”, conclúe a autora desta tese, que recoece que o das artistas recolectoras é unha temtica s investigada previamente “de maneira parcial”, que súa vez d lugar a outras “canles moi interesantes de estudo, como a acumulacin de lixo en internet”. Monroy centrou as mesmo a súa investigacin nos últimos 30 anos, nos que, sostén, “o capitalismo mis desapiadado parece ser o principal propulsor desta forma de traballo” e complementou o estudo de preto dun centenar de artistas coas entrevistas realizadas a 19 “recolectoras”. Concretamente, formaron parte deste estudo as estadounidenses Portia Munson, Diane Savona, Lauren Peterson, Lynn Aldrich, Adrieane Herman, Olga Lah e Lisa Kokin; as britnicas Michelle Reader. Jane Fairhust, Fran Crowe e Jo Atherton; a australiana Freya Jobbins, a xaponesa Sayaka Ganz, a coreana Jean Shin; a alem Liina Klauss, a mexicana Perla Krauze; a chilena Consuelo Walker e as espaolas Julia Llerena e Ana Soler.