O centro de investigacin interuniversitario est integrado por 84 investigadores do SUG
Ecobas presenta a súas credenciais para se converter nunha referencia nacional e internacional no eido da sustentabilidade
A FCEE acolleu este medioda o acto institucional de presentacin do centro
Nado orixinalmente en 2015 como agrupacin estratéxica, Ecobas () foi oficialmente creado como centro de investigacin interuniversitario a finais de 2021, coa sinatura do Convenio de colaboracin entre as universidades de A Corua, Santiago de Compostela e Vigo. A comezos deste ano, e logo dunha chamada pública para a vinculacin de persoal investigador ao centro, un comité avaliador valorou todas as solicitudes recibidas e acordou propoer a incorporacin de 84 investigadoras e investigadores do Sistema Universitario de Galicia (SUG), proposta que a finais do mes de abril foi ratificada polo Consello Reitor do centro.
Rematado este proceso, o saln de actos da Facultade de Ciencias Econmicas e Empresariais foi este medioda o lugar elixido polos directores de Ecobas para presentalo institucionalmente e dar coecer as lias mestras da súa axenda cientfica e do seu plan estratéxico. O reitor da 鶹, Manuel Reigosa; o reitor da UDC, Julio Abalde; o vicerreitor de de Transformacin Dixital e Innovacin da USC, Gumersindo Feijoo; o director do centro, Carlos Hervés e a súa directora cientfica, Mara Loureiro, foron os encargados, na xornada titulada Percorrendo o camio da sustentabilidade, de repasar os logros e os retos de futuro dun centro que entre os anos 2017 e 2021 captou mis de 12,51 millns de euros e do que saron 216 publicacins JCR (54% Q1). Reigosa, logo de lembrar as dificultades que pas pequeno e cunha poboacin envellecida enfronta para competir nun contexto global, agradeceu o traballo de cooperacin que estn a desenvolver as tres universidades en cuestins como o Plan de Financiamento ou o mapa de titulacin, as como para a creacin de Ecobas. “Se queremos ser relevantes no contexto internacional temos que facelo mellor que a media en investigacin e transferencia”, dixo reitor da 鶹, que asegurou que cmpre buscar unha figura xurdica para darlle cobertura s e aos investigadores do novo centro interuniversitario, ao que animou a mirar mis al hora de presentarse a convocatorias para a obtencin de fondos.
Pola súa banda, na que xornada comezou co relatorio Economa y salud a cargo da catedrtica da Universidad de Las Palmas, Beatriz Gonzlez Lpez- Valcrcel, integrante do comité que realizou a avaliacin das solicitudes de vinculacin do persoal que quixo unirse ao centro e que formar parte do comité asesor externo de Ecobas, o reitor da UDC, Julio Abalde, destacou “a unidade, a forza e a cooperacin” como as palabras que considera representan o que Ecobas significa. Mentres, o vicerreitor de Transformacin Dixital e Innovacin da USC, Gumersindo Feijoo, amosou o total apoio da súa universidade ao centro hora de procurar sinerxas e poerse ao servizo da sociedade.
Un pouco de historia e un balance moi positivo
Ecobas fraguouse en 2015 como unha agrupacin dos grupos de investigacin nas reas de economa e empresa que tian financiamento como grupos de referencia competitiva do SUG. Pasados cinco anos, a Xunta acordou que este tipo de agrupacins, ou ben, tian que desaparecer, ou ben, deban formar institutos ou centros de investigacin e Ecobas optou por iniciar os trmites para transformarse en centro interuniversitario, cunha relacin de investigadoras e investigadores de prestixio, comprometidos co proxecto, que na normativa son coecidos como “garantes”. Logo de aprobarse, por parte do consello de reitores das tres universidades do SUG a formacin do centro, procedeuse incorporacin de preto de 90 investigadoras e investigadores, avaliados positivamente por un comité externo ao SUG. “Ecobas conta co recoecemento das tres universidades galegas, estando adscrito 鶹, e xa operamos coma centro de investigacin. Non obstante, agora quedan dúas cuestins importantes no curto e medio prazo: por unha parte, a obtencin do recoecemento e a acreditacin do centro por parte da Xunta de Galicia, que solicitaremos neste mes de xullo; e por outra, unha vez obteamos esa acreditacin, a solicitude dunha axuda de financiamento na convocatoria que publique a Xunta de Galicia, que esperamos que tea lugar o vindeiro ano 2023”, sinala o director de Ecobas, o catedrtico do Departamento de Matemticas da 鶹, Carlos Hervés Beloso.
Para o director do centro, o balance destes sete anos de traxectoria é moi positivo, xa que, foron de quen de compaxinar a transformacin da agrupacin en centro de investigacin coa actividade propia de Ecobas,”os ciclos de seminarios de investigacin, que organizamos todas as semanas; o de seminarios-conferencias de transferencia do coecemento, que chamamos Libra de Oficio, no que teen participado importantes entidades galegas coma a editorial Galaxia ou a compaa enerxética Xenera; a participacin en convocatorias de captacin de talento; o apoio ao desenvolvemento dos programas de mestrado e de doutoramento; e moitas outras actividades que desenvolvemos cada da para posicionar a Ecobas como o que ten que ser, un referente académico no eido da sustentabilidade econmica, ambiental e social”.
Axenda cientfica e plan estratéxico do centro
49 investigadoras e investigadores permanentes da 鶹; 21 da USC e 14 da UDC, dos que o 45% son mulleres; ademais de 40 membros non permanentes, entre persoal investigador pre e posdoutoral e persoal de xestin, integran o centro Ecobas, que avoga pola interdisciplinariedade , de xeito que, anda que a maior parte do persoal pertence aos mbitos da economa e a empresa, tamén conta con expertos con bagaxe noutras disciplinas como a socioloxa, psicoloxa ambiental ou dereito.
“O eixo central de traballo do centro é a sustentabilidade, entendida nun sentido amplo, é dicir, non s dende o punto de vista econmico senn tamén o ambiental e o social. Eses son os tres piares sobre os que se desenvolve a Axenda Cientfica, que conta con 12 prioridades especficas coma as finanzas sostibles, a economa pública e rexional, a economa da saúde, a equidade, inclusin social e benestar, a transicin enerxética e descarbonizacin ou a economa circular”, detalla a directora cientfica de Ecobas e catedrtica do Departamento de Fundamentos de Anlise Econmica da USC, Mara Loureiro, que ademais destaca que o centro ten prioridades transversais como a teora econmica e métodos cuantitativos; a teora social, capital social e innovacin social; e a investigacin responsable e ciencia cidad. As mesmo, a axenda est aliada coas principais axendas rexionais, nacionais e internacionais e cos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible, a Axenda 2030 e a estratexia galega RIS3.
Pola súa banda, o Plan Estratéxico do centro est deseado para acadar cinco obxectivos principais: exercer un liderado cientfico no estudo da sustentabilidade, captar e potenciar o talento investigador, fomentar e potenciar unha formacin de calidade e a súa internacionalizacin, promover unha maior visibilidade e recoecemento internacional, e acadar un maior impacto e proxeccin econmica e social. “Con estes obxectivos en mente tense deseado un plan organizado ao redor de oito eixos de accin, seis deles especficos e dous transversais: Ecobas Research, Ecobas Training, Ecobas Talent, Ecobas Society, Ecobas International, Ecobas Open Science & RRI, Ecobas Communication e Ecobas Management” enumera Carlos Hervés.
Mirando cara o futuro
En canto aos principais retos que enfronta Ecobas, unha vez constitudo como centro, o mis inmediato é acadar o recoecemento por parte do SUG, “que estamos convencidos e convencidas de que superaremos con éxito. Logo diso, estaremos mis preto de acadar un financiamento estrutural e estable que nos permita poer en marcha mis e mellores accins, xa que na actualidade os orzamentos dos que dispoemos son limitados”, afirman Loureiro e Hervés.
A partir de a, o directores de Ecobas fixan o principal desafo en ir acadando os seus obxectivos “posicionarnos, tanto a nivel rexional e nacional pero tamén internacional; seguir atraendo talento e captando persoal investigador de excelencia; mellorar os programas formativos de prosgrao nos que participamos; e incrementar a nosa relacin coa contorna, converternos nun axente social mis e nunha referencia para as entidades do entorno que recorran para resolver as súas necesidades no eido da sustentabilidade”, explican.
