A gala de entrega ser o 24 de xaneiro no Biopolo Sionllla de Santiago de Compostela
Dous proxectos do CINBIO, candidatos biotech aos XI Premios Bioga
Liderados pola investigadora Mara Mayn, buscan terapias innovadoras en envellecemento e cancro
Dous proxectos promovidos pola investigadora principal do grupo CellCOM do CINBIO, Mara Mayn, son finalistas aos XI Premios Bioga na categora Bioidea Empresarial, cuxa gala de entrega se celebrar o vindeiro venres da 24 no Biopolo Sionlla de Santiago de Compostela. Nun dos traballos investigan un potencial tratamento para o cancro de mama triplo negativo, caracterizado pola súa agresividade e mal prognstico e, no outro, para a osteoartrite, a forma de artrite mis prevalente en todo o mundo.
Convocados polo Clúster Tecnolxico Empresarial das Ciencias de Vida (Bioga) os galardns celebran este mes a súa XI edicin como premios autonmicos que recoecen a consolidacin empresarial, o talento e a innovacin no sector biotech, incentivando o labor de empresas innovadoras neste mbito e promovendo a xeracin de novas iniciativas. Trtase dun recoecemento apoiado pola Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovacin (GAIN), e no que nesta ocasin compiten un total de 18 proxectos e empresas biotech de Galicia repartidos en tres categoras: Bioempresa Innovadora, Bioempresa Xove e Bioidea Empresarial.
“Os Premios Bioga son un gran recoecemento na contorna da innovacin, polo que agardamos que poidan ser de axuda para espertar a atencin de empresas que poidan estar interesadas en transferir ambas tecnoloxas co obxectivo de desenvolver terapias innovadoras en envellecemento e cancro”, explica Mayn.
O cancro de mama e a osteoartrite como foco de bioidea empresarial
Adscritos ao CINBIO, Centro de Աپ en Nanomateriais e Biomedicina da 鶹, o grupo CellCOM est a investigar un potencial tratamento do cancro de mama triple negativo a través dunhas nanovesculas que restablezan niveis dunha protena implicada na comunicacin celular. Polo de agora conseguiron xa identificar unha nova diana que participa na sinapsis inmunitaria, restaurando a resposta inmune antitumoral.
O segundo proxecto de CellCOM candidato aos Premios Bioga busca tratar a osteoartrite a través dun mecanismo molecular baseado nunha conexina con actividade senoterapeútica. A osteoartrite incide sobre todo na poboacin de idade avanzada, afectando considerablemente súa calidade de vida, causando dor e mobilidade reducida. A estratexia terapéutica proposta polo equipo liderado por Mara Maýan ten por obxectivo transformar o tratamento desta doenza crnica mediante o uso de terapias baseadas en péptidos que restauran a capacidade de rexeneracin do tecido, e que é tamén potencialmente aplicable a outras enfermidades asociadas ao envellecemento.
