Xosé Ballesteros abriu este martes a quinta edicin de Conversas na 鶹
O director de Kalandraka reclama outras polticas culturais para non asistir “ao enterro do galego”
O coloquio fixo balance dos 20 anos de traxectoria da editora
“De cada cen libros que se editan en Galicia, 17 publcanse en lingua galega e destes practicamente a metade son libros de texto”. Con estes datos pua de relevo Xosé Ballesteros, director de Kalandraka e presidenta da Asociacin Galega de Editoras, a situacin de “precariedade” que atravesan as empresas que centran o seu labor na edicin do libro en galego. Facao no coloquio coa que na tarde deste martes abra na Casa das Camps a quinta edicin de Conversas na 鶹, ciclo que a Vicerreitora do campus promove xunto ao Diario de Pontevedra. O xornalista e coordinador do ciclo, Ramn Rozas, foi o encargado de conducir un coloquio centrado tanto na “fermosa milagre” que supuxo, hai 20 anos, o nacemento de Kalandraka, como na situacin actual da edicin en galego, cuestin que levou a Ballesteros a incidir na necesidade dun cambio de polticas culturais, xa que do contrario, “imos asistir ao enterro da lingua galega”.
Nun coloquio que comezou ollando cara o pasado e centrndose no nacemento dunha editorial que, como salientou Rozas, hoxe “é un referente a nivel nacional e internacional”, Ballesteros recoeceu o labor do editor como un dos traballos “mis gratificantes”, pero tamén como unha “enorme responsabilidade”, xa que, sinalou, na vida de todas e todos hai “unha serie de ttulos que marcan a biografa, o propio itinerario persoal”, polo que, engadiu, “estamos facendo parte do que vai ser a memoria de futuro”. As mesmo, o editor puxo de relevo o compromiso coa normalizacin lingüstica deKalandrakae incidiu na necesidade de mudar as polticas culturais neste eido. “Vivimos nun pas con dúas linguas e unha est enferma. Os pais non poden tratar da mesma forma ao fillo que est san que ao que est enfermo, se queren que viva”, defendeu.
20 anos de Kalandraka
Foi en 1998 cando un grupo de persoas, entre as que se atopaba Ballesteros, quen previamente traballara durante nove anos para Xerais como vendedor de libros, decidiu pr en marcha en Pontevedra un proxecto editorial “que tivera como eixo o lbum ilustrado” en galego, que por aquel entn “practicamente non exista”, xa que, engadiu, “haba unha especie de mito”, no relativo literatura infantil en galego, “de que s se podan vender os libros recomendados nas escolas”. A empresa que por aquel entn naceu “coa idea de non facer mis de dez libros o ano”, viviu ao longo de dúas décadas un proceso de crecemento no que ao lbum ilustrado sumouse a ficcin infantil e xuvenil e outra serie de coleccins, ata que hoxe Kalandraka edita os seus volumes en sete idiomas, “entre eles todas as linguas cooficiais da pennsula”, o que xunto cunha “rede de alianzas” outrgalle, sinalou, “fortaleza hora de poder comprar dereitos de calquera autor". A traxectoria desta empresa, como lembrou Rozas, foi recoecidaen 2012 co Premio Nacional ao Labor Editorial, unha distincinque, como engada Ballesteros, outorgou “visibilidade” ao proxecto nun mercado, sinalou, caracterizado por unha “grande concentracin”, pola que dous grandes grupos editoriais estn detrs do 60% dos ttulos publicados en Espaa;un mercado, engadiu, no que se publican cada ano 80.000 novos ttulos.
Preguntado neste punto polas “claves do éxito de Kalandraka”, Ballesteros lembrou as verbas de Maurice Sendak, autor de Onde viven nos monstros, para destacar que nun lbum ilustrado debe existir un “equilibrio entre texto e imaxes” para que todo “sexa como un tecido onde non se perciba nin unha costura”. Neste senso, incidiu en que o libro infantil “debe emocionar” e lembrou que “o libro ten unha parte material, pero tamén unha parte afectiva”. De a que destacase como un dos aspectos mis positivos destas dúas décadas de traxectoria empresarial ter feito “libros que forman parte da biografa de moitas persoas”.
Unha cita mensual
Nacida hai cinco anos co propsito de crearna sede da Vicerreitora do campus “un espazo no que escoitar xente, fronte ao balbordo”, sinalou Rozas, Conversas na 鶹 abra nesta xornada un novo ciclo de coloquios que reunirn mensualmente a persoeiros de mbitos como a cultura, a poltica ou o deporte con xornalistas e columnistas do Diario de Pontevedra. Tra esta sesin, o ciclocontinúa o 27 de novembro co encontro que mntern o columnista Rodrigo Cota e o lder do PP en Pontevedra, Rafael Domnguez, mentres que o 18 de decembro a xornalista Mara Varela conversar coa presidenta da Deputacin de Pontevedra, Carmela Silva.
