DUVI

Diario da 鶹

A exposicin poder visitarse no campus ata o 1 de febreiro de 2019

Diego Vites trae Sala Alterarte a súa instalacin 'Médrame vulto'

A comisaria é Ania Gonzlez

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Ourense
  • Cultura
  • پܱ
  • Cultura
Rosa Tedn DUVI Ourense 21/11/2018

A Sala Alterarte do campus de Ourense acolle desde este mércores a exposicin Médrame vulto, do artista Diego Vites e comisariada por Ania Gonzlez. Trtase dunha instalacin “voluminosa” na que o artista pon en interaccin diferentes obras da súa traxectoria para trasladar ao público as súas “derivas especulativas” fraguadas entre Ecuador, Illas Canarias e Galicia.

A mostra, que estar aberta ata o 1 de febreiro de 2019, foi inaugurada este mércores coa participacin de Esther de Blas, vicerreitora do campus de Ourense; Xosé Manuel Buxn, director da Sala Alterarte; o artista Diego Vites e a comisaria Ania Gonzlez. A súa chegada ao campus de Ourense faise no marco do proxecto expositivo desta sala Estado Crtico 4. 14 Curadores 14 Artistas, na que 14 comisarios e comisarias elixen a outros tantos artistas para realizar as súas respectivas exposicins en Alterarte.

Paixns que medran

“Á noite recolléndome a durmir, sentn sobre min un vulto pesado e espantoso, que anda que me fixo espertar, quedei como atados os sentidos, sen poderse a alma desembarazar, anda que me parece estaba moi en min, e procuraba botalo con toda a forza, polas moitas tentacins que me traa”. Estas palabras da monxa colombiana Francisca Josefa de la Concepcin del Castillo de 1942 son as que inspiran a mostra inaugurada este mércores no campus e as queda plasmado nela. Tomando a idea destas “paixns” que vivan as monxas e contra as que intentaban loitar, na mostra o creador sinala como tratou de “abandonarse a ese vulto que medra por riba dun e metelo todo na sala”.

Sobre a exposicin, o seu creador comenta como se trata dunha “instalacin conxunta de varias pezas que forman tres bloques, unha instalacin compacta na que esas pezas que individualmente formaron parte doutras exposicins aqu se resignifican e nese xuntarse contan unhas microhistorias”. As, composicins de imaxes relacionadas con Ecuador, Galicia e Illas Canarias, considerados tanto como escenario reais como conceptuais, trasladan Sala Alterarte cuestins do “devir migratorio” do seu creador. “Fago a mia obra en relacin aos paralelismos que atopo e as especulacins que manteo entre estes tres puntos. Uso dalgunha maneira a mia historia persoal e a historia destes lugares. A mostra é o vulto onde se xuntan todas esas paixns”, comenta Diego Vites.

O creador sinala como na elaboracin da súa obra traballa moito coa investigacin en contextos artsticos desligados da arte contempornea, como poden ser artesns ou a tradicin popular. “Traballo con eles pezas que logo se integran no circuto da arte contempornea”, comenta. Tamén, indica, na mostra “hai moito apropiacionismo doutros artistas, doutras pezas”. Como exemplo Vites apunta como na exposicin se inclúe unha peza feita en colaboracin cun pintor indxena de Ecuador na que as figuras do entroido ourensn se integran na cosmovisin dese pintor e do folclore do pas latinoamericano. Por último, o artista tamén salienta como coa instalacin ubicada na Sala Alterarte quixo “escapar de exposicin mis suts, mis discretas” e facer unha “obra mis voluminosa, unha parte mis instalativa” aproveitando as posibilidades da proximidade do seu taller en Santiago de Compostela.

A visin da comisaria

Segundo explica a comisaria da mostra, “Médrame vulto é unha forma soa en permanente zona de cruce entre territorios periféricos que atravesan a Diego Vites: as Illas Canarias, Ecuador e Galicia e trastornan a súa mirada nunha mquina especulativa que non cesa de alucinar no seu relato. Guanches, droga, Coln, pedras, danzantes, prostitutas e pintura. Un vulto que, como o que espantaba monxa latinoamericana Madre Francisca Josefa de la Concepcin del Castillo no século XVIII atndolle os sentidos, ata tamén aqu as narrativas expositivas, anda as menos hexemnicas, que non deixan de impoer, cada vez que afrontamos unha montaxe, a súa soberana formal”. A proposta do artista Diego Vites, engade Ania Gonzlez, “traslada o estado actual, en bruto, da busca estética do artista no interior da súa propia historia, a presenza, en vulto, do seu pensamento-accin”.