DUVI

Diario da 鶹

A sede da Vicerreitora acolle o luns un coloquio cos artistas Félix Fernndez e Ana Gesto

Un dilogo aberto para “dar voz” performance galega

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Cultura
DUVI Pontevedra 01/10/2021

“Dar voz aos artistas, que son os verdadeiros protagonistas”. Esa é, como explica o profesor de Belas Artes Carlos Tejo, a idea en torno que se articula Conversas arredor da performance, un ciclo de coloquios centrado na arte de accin que, tras o parn provocado pola pandemia, desenvolver o vindeiro luns a súa segunda edicin. A Vicerreitora do campus acoller, s 18.00 horas, un coloquio con Félix Fernndez e Ana Gesto, dous artistas “moi representativos da escena da performance en Galicia, que poden achegar dúas visins diferentes” desta disciplina, como sinala o coordinador dunha actividade que por o foco no contexto galego e na situacin que atravesa na actualidade a arte de accin.

As premios nacionais Esther Ferrer e Concha Jérez inauguraron hai dous anos un ciclo que se recupera neste 2021, coa vontade de establecerse como unha cita anual e co obxectivo de propor “outro xeito de aproximarse prctica da performance”, como salienta o seu coordinador. Nese senso, a conversa partir dunha serie de preguntas que Tejo ir trasladando aos dous participantes e nas que buscar "tratar a problemtica no contexto galego, coecer como ven a prctica da performance hoxe en da, que cousas botan en falta...”, explica. Con prazas limitadas, para as que é necesaria inscricin previa a través do correo carlos.tejo@uvigo.es, trtase dunha proposta que busca promover unha reflexin en torno arte de accin “diferente do formato habitual dos congresos ou os artigos, complementando a investigacin dun xeito un pouco mis informal”, como sinala Tejo, que é tamén codirector, xunto investigadora e crtica de arte Marta Pol, do , que este venres desenvolve a súa segunda xornada no Centro Galego de Arte Contempornea (CGAC).

Dous nomes de referencia, dous xeitos de achegarse a esta disciplina

Da escolla de Gesto e Fernndez como protagonistas destas Conversas arredor da performance (II), Tejo destaca que “escollinos porque levo moito tempo traballando con eles como comisario e penso que teen unha traxectoria moi importante e son dúas figuras cunhas achegas moi diferentes performance". Egresados ambos da Facultade de Belas Artes, Ana Gesto combina na súa producin artstica a performance coa videocreacin e a fotografa, tendo presentado as súas creacins en exposicins e eventos de Espaa, Portugal, Poloa, Alemaa, Noruega e Costa Rica. Da súa traxectoria no eido da arte de accin, Tejo destaca o seu traballo “dun xeito mis ntimo, partindo da historia persoal e levando a cabo unha performance” sustentada nas “ferramentas clsicas” desta disciplina, “que son o espazo, o corpo e o tempo”. Cunha vintena de premios e seleccins para residencias artsticas ao longo de preto de 20 anos de traxectoria artstica, Félix Fernndez ten desenvolvido performances en espazos como o Centro de Cultura Contempornea de Barcelona, o Grimm Museum de Berln, o Centro de Arte Contempornea de Tel Aviv ou Instituto Cervantes de Tokio e da súa prctica Tejo destaca a “mestura” que propn “entre a escena contempornea, a performance e a música”.