A aula do campus de Ourense celebra unha década de actividade
Dez anos xerando danza desde a Universidade
Cada cuadrimestre 15 persoas frmanse coa compaa Traspediante
Entre as celebracins que a pandemia da COVID-19 anulou ou aprazou est a do décimo aniversario da Aula de Danza do Campus de Ourense D-Ou-Tras. A iniciativa cumpre unha década mantendo a súa actividade de xeito virtual debido s circunstancias especiais provocadas polo coronavirus e facendo un balance moi positivo dunha aula que ao longo da súa existencia “xerou público para a danza e xerou unha comunidade e unha visibilidade para as novas creacins a través do corpo”, tal e como explican desde a súa organizacin.
Unha proposta que “funcionou”
“Esta aula naceu por iniciativa de Marta Alonso e Begoa Cuquejo, de Traspediante Danza, cando nos presentaron un proxecto de obradoiro de danza para o campus de Ourense. Pareceunos interesante, pois tanto na Universidade de Santiago de Compostela como na da Corua haba danza contempornea e pensabamos que podiamos intentalo tamén en Ourense”, lembra Filemn Rivas, responsable da Área de Actividades Culturais do campus de Ourense. A idea, apunta, “funcionou, pois tendo en conta que non é unha disciplina que arrastre masas quedamos satisfeitos pola acollida que tivo, cunha ducia de persoas matriculadas en cada cuadrimestre”.
Co paso do tempo, detalla Filemn Rivas, D-Ou-Tras foise consolidando e comezou a amosar o seu traballo, “aceptando os convites que as outras universidades galegas lle facan chegar para participar nos seus certames”. Igualmente, comenta, incorporronse celebracin da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (Miteu), promovida pola 鶹, onde en cada edicin a aula organiza unha xornada dedicada especificamente danza contempornea. “De cara ao futuro, seguimos moi comprometidos coa aula e con, na medida do posible, incrementar ese compromiso para darlle maior visibilidade”, indica o responsable da Área de Actividades Culturais do campus de Ourense.
Un laboratorio para todos os públicos
Segundo explica Begoa Cuquejo, responsable de D-Ou-Tras, “no seu inicio Traspediante Cultura inspirouse no modelo da aula de danza da USC”, da que Begoa Cuquejo e Marta Alonso levaron a docencia e a direccin no ano 2010, xusto antes de propor e comezar o seu propio proxecto no campus de Ourense. "Aqu iniciouse a pedagoxa aplicada dende Traspediante Cultura, baseada na creacin contempornea e actual das artes vivas, hbrido e inspirador para todo tipo de corpos e movementos xenunos”, comenta Begoa Cuquejo. Tras ser aceptada a súa proposta, lembra, a aula do campus arrancou a súa actividade, presentando en 2011 o seu primeiro espectculo froito do traballo das primeiras persoas que se animaron a apuntarse a esta actividade. Dez anos despois, as responsables de Traspediante Danza fan “un balance moi positivo” da iniciativa, subliando como a aula foi e é “xerme de moita xente que se converteu en espectadora habitual da danza e doutras persoas que cambiaron de carreira e marcharon especializarse en artes vivas”.
Desde a súa posta en marcha e ata a actualidade, comentan as súas responsables, D-Ou-Tras est cada cuadrimestres entre a lista de obradoiros de extensin universitaria que convoca a Vicerreitora do Campus de Ourense e nel 15 persoas de perfs moi diversos introdúcense no mundo da danza contempornea e da creacin escénica fundamentalmente a través do corpo e o movemento. A aula, indican, tense convertido “nun laboratorio para todos os públicos, universitarios e non universitarios, onde se poden practicar as bases da danza contempornea, ferramentas bsicas de busca de movemento, de técnica de butoh, de flying low, de body weather, etc”. O obradoiro desenvlvese habitualmente de xeito semanal nas instalacins do campus de Ourense “nun ambiente lúdico” onde as 30 horas do primeiro cuadrimestre estn orientadas a formarse nunha base común de ferramentas e as 40 seguintes a crear unha peza escénica que se representa en diferentes contextos universitarios ou afeccionados, desde Unidanza na Universidad Carlos III Madrid ata FaiPointing Festival na Illa das Escultas de Pontevedra. Ademais, no marco da aula e desde hai cinco anos existe o Certame Doutras de Danza, que complementa cada ano a xornada de danza celebrada no marco da Miteu.
Por este “laboratorio de creacin en danza e artes do corpo da 鶹”, detalla Begoa Cuquejo, pasaron non s unha media de 15 alumnos e alumnas por cuadrimestre senn múltiples docentes, como Paula Quintas, Maciek Sado, Cristina Vilario, Nuria Sotelo, Raúl Martnez e Fran Buceta, ademais das propias Begoa Cuquejo e Marta Alonso. A esta masa crtica, arredor da aula xurdiron, tal e como indican as súas responsables, sinerxas “con outras entidades do campus” e a “colaboracin con escolas de danza locais e outras universidades” tratando “sempre de traer innovacin e colaboracin”.
Do presencial ao virtual
Na actualidade, debido COVID-19, a aula ten trasladado a súa actividade das instalacins universitarias ao eido virtual, concretamente plataforma Zoom, onde cada martes as persoas matriculadas nesta aula reciben clases de corpo e busca de movemento a cargo de Nuria Sotelo e os mércores de creacin de performances a cargo de Begoa Cuquejo e Nuria Sotelo. A través desta plataforma celebraron o pasado 29 de abril o Da Internacional da Danza en colaboracin coa Universidad Carlos III de Madrid, onde dez anos atrs D-Ou-Tras representou o seu primeiro espectculo.
