DUVI

Diario da 鶹

A categora feminina acadou este sbado a súa primeira vitoria da tempada

Despois de 12 xornadas, o equipo masculino de baloncesto do campus continúa invicto

Os xogadores de rugby perderon na súa visita ao Bizkaia Gernika RT

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Ourense 03/02/2020

O Universitario Campus Ourense de baloncesto masculino continúa invicto despois de sumar esta fin de semana unha nova vitoria, a doceava desta tempada. Tamén en baloncesto, as xogadoras conseguiron rachar a súa xeira de malos resultados acadando tamén unha vitoria o sbado. Pola contra, o primeiro equipo de rugby perdeu contra Bizkaia Gernika RT e os equipos de fútbol gaélico e xadrez do campus tiveron desigual sorte nos encontros disputados.   

Dúas vitorias en baloncesto

En baloncesto, o Universitario Campus Ourense masculino gaou o sbado 50-81 a CB Tui Seta. Con este marcador o equipo mantense como lder invicto do seu grupo na primeira divisin masculina, con 12 vitorias e ningunha derrota. Pola súa banda, a categora feminina gaou tamén o sbado por un axustado marcador de 55-51 a Fisiogal Centro de Fisioterapia.

Derrota en rugby

Xa en rugby, a xornada 17 de competicin no grupo A da divisin de honra B do rugby estatal saldouse o domingo para o Campus Universitario Ourense cunha derrota fronte a Bizkaia Gernika RT por 53-30 no campo de Urbieta. Este resultado mantén aos ourensns no terceiro posto da tboa, con nove vitorias, un empate e seis derrotas. Tamén en rugby pero xa na liga galega, a categora masculina do club perdeu 14-12 contra Mareantes RC e a feminina gaou 45-25 a Ferrol RC.

Desigual sorte en fútbol gaélico

En fútbol gaélico, a categora feminina do Auriense Campus da Auga FG gaou na súa visita a Independente FG. “O encontro comezou os primeiros dez minutos cun xogo moi igualado, con anotacins continuas de ambas escuadras pero a partir de a todo cambiou. As nosas rapazas comezaron a ser claramente superiores e a impor o seu xogo, tendo grande acerto a gol”, indican desde o club. O resultado final foi Independente FG 1-12 (15)  vs 3-12 (21)  Auriense Campus da Auga FG. Pola contra, a categora masculina perdeu o encontro disputado co primeiro equipo da liga, sendo o resultado final Estrela Vermelha FG 6-29 (47) vs 4-8 (20) Auriense Campus da Auga FG.  

Segunda xornada de liga en xadrez

Na segunda xornada da liga galega de xadrez disputada o sbado, o Universitario de Ourense perdeu na primeira divisin contra Xadrez Tui por 1,5-2,5, con vitoria de Manuel Álvarez, tboas de Brais Gerpe e derrotas de Manuel Vidal e Álvaro Surez. Na segunda divisin, os ourensns gaaron 3-1 contra Xadrez Forte de Monforte, con vitorias de Miguel Reza e Raúl Martnez e tboas de Marcos Reza e Adrin Gonzlez. Por último, na terceira divisin, o equipo do campus tamén gaou 3-1 contra Celanova B, con vitorias de Julio C. Pérez , Rodrigo Arias e Alejandro Garrido e derrota de Favio Fuentes.