DUVI

Diario da 鶹

Este xoves inaugurouse o mural creado pola estudante de Belas Artes Laura Antelo

Un deseo fractal enche de luz a Escola de Enxeera de Telecomunicacin

Foi unha colaboracin de ambos centros para humanizar os espazos comúns da escola viguesa

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Cultura
  • Estudantes
M. Del Ro DUVI 07/06/2018

Como recoeca o director da Escola de Enxeara de Telecomunicacin, Íigo Cuias, o espazo central do edificio era un lugar amplo e luminoso, pero moi fro. De a a necesidade de humanizalo, de facelo habitable para que se convertese nun punto de encontro e lecer para estudantes, docentes e persoal do centro. Do que o director define como “unha necesidade” xurdiu a colaboracin coa Facultade de Belas Artes para buscar un deseo acado para cambiar a faciana deste espazo. Finalmente, a proposta elixida foi a de Laura Antelo, unha obra mural titulada Luz Fractal, que “parte do interese pola organizacin das estruturas internas da natureza, aparentemente catica”. Trtase, como explica a súa autora, “dun feixe de luz que debido refraccin percorre o espazo cunha traxectoria xeométrica” e que pretende transmitir “movemento, velocidade, avances e cambios que estn a transformar vertixinosamente a comunicacin global”.

A intervencin, que se acompaa tamén pola adecuacin do espazo que a rodea con mesas, cadeiras e coxns, foi inaugurada este xoves polo reitor en funcins da Universidade, Salustiano Mato, o director da EE de Telecomunicacin, Íigo Cuias e a decana de Belas Artes, Silvia Garca, que acompaaron artista no descubrimento da placa conmemorativa. Os responsables institucionais coincidiron en remarcar a importancia deste tipo de colaboracins entre centros, mbitos e campus diferentes que son froito, segundo Mato, “da cooperacin intelixente coa que facemos mis Universidade”. O reitor reivindicou o papel que ten a humanizacin de espazos como expresin creativa do alumando de Belas Artes, “é unha funcin dinamizadora da transferencia do seu coecemento sociedade, é un camio que comezamos cos hospitais e que se ten que estender dunha forma clara”.

A necesidade dun espazo habitable

O director da EET explicaba que “para ns era unha necesidade” mudar esta espazo, “facer del un lugar cmodo para estar e para ver” reducindo o impacto dun “muro enorme e branco que reflecta a luz pero dun xeito pouco hospitalario”, pasando ao fin, de ser “unha cova con luz a un espazo aberto, habitable e cun valor artstico”. Para facer real este cambio puxeron en marcha unha colaboracin coa Facultade de Belas Artes da man da profesora Almudena Fernndez e da vicedecana Susana Cendn. O xeito de artellalo foi a materia Proxectos de debuxo e pintura, na que os 60 estudantes tiveron que presentar cadansúa proposta para intervir este espazo. Entre estes proxectos resultou elixido o deseo de Laura Antelo, que ademais se converter no seu traballo fin de grao.

Antelo agradeceu a todos os implicados o ter sacado adiante esta iniciativa que permite s escolas e facultades colaborar entre elas. Explicou que comezou a darlle forma ao seu deseo cando “vin o lugar por primeira vez e me chamou a atencin tanto a cantidade de luz que entraba como o saturado que estaba o espazo, con macetas, carteis, etc.”. Por este motivo apostou por centrar o seu proxecto na luz e nas cores fras, “que non sobrecargasen mis o espazo para que non resultase aburrido para a xente que est aqu todos os das”. Para concretar o deseo achegouse ao campo da telecomunicacin e “investigando decateime de que moitas veces nas enxearas se procura buscar estruturas da natureza para chegar a novas ideas como é o caso da estruturas fractais”, eixo central do mural.

Cuias e Garca, os dous responsables dos centros, tamén remarcaron a importancia que este tipo de colaboracins supoen para o alumnado, e por iso se apostou por que fosen os propios estudantes da Universidade os que se encargasen do proxecto. “Estas son as oportunidades que os nosos estudantes deben aproveitar para ter un encargo profesional, xa non é unha simulacin, teen que sar do espazo académico para lidar coa contorna e co proceso, que inclúe, por exemplo, andamios ou as normativas de seguridade”, recoeca Silvia Garca. A decana engada para finalizar que este tipo de propostas amosan a implicacin real do alumnado, “que cando se meten nun proxecto que supn un reto intelectual e profesional, danse conta da súa evolucin e da cantidade de competencias que teen adquiridas”.