A 鶹 acolle hoxe e ma o 19 congreso internacional da Asociacin Espaola de Estudios Irlandeses
Decenas de expertos e expertas poen voz aos silencios e s verdades incmodas da cultura e a sociedade irlandesa
O simposio virtual é a culminacin do proxecto de investigacin 'InTruths'
En Irlanda, entre os anos 1920 e 1998, preto de 56.000 nais solteiras e 57.000 menores pasaron por orfanatos e residencias, públicas ou xestionadas por ordes relixiosas. Segundo os resultados dunha comisin de investigacin que prolongou o seu traballo durante cinco anos, e que fixo públicas as súas conclusins a principios deste ano 2021, uns 9000 nenos e nenas faleceron no seo desas institucins, mentres que outros cativos e cativas foron vtimas de adopcins forzosas. “O que inspirou o noso proxecto, en parte foron os acontecementos aos que se referiu en marzo de 2017 o anterior primeiro ministro irlandés, Enda Kenny, cando falou do macabro achado dunha fosa común cos restos de nenos dunha antiga institucin de acollida para ‘nais solteiras’ como ‘sepulcro social e cultural de Irlanda’, denunciando a complicidade da sociedade do seu pas. Isto é un exemplo de numerosas prcticas institucionais do silencio na Irlanda contempornea, onde formas de abuso mantidas en secreto durante longo tempo, sacudiron a opinin pública e amosaron como o imaxinario colectivo irlandés se atopa profundamente cimentado sobre o que poderamos denominar “incovenient truths”, explica a docente da 鶹 e coordinadora do proxecto InTruths: Prcticas culturais do silencio na ficcin irlandesa contempornea, Teresa Caneda.
A investigacin, que mantén que as diferentes configuracins arredor do silencio determinan a ficcin contempornea irlandesa, na que as referencias a estas verdades incmodas se converten no tema central das novelas, culmina hoxe e ma coa celebracin, de xeito virtual, do , que esta ma foi inaugurado pola embaixadora de Irlanda en Espaa, Sile Maguire; o reitor da 鶹, Manuel Reigosa e a presidenta da Asociacin Espaola de Estudios Irlandeses, Pilar Villar-Argiz.
Un congreso que reforza os lazos entre Irlanda e Galicia
Na súa intervencin na inauguracin do congreso, a embaixadora de Irlanda en Espaa, Sile Maguire, destacou “os profundos lazos” que manteen desde a antigüidade Galicia e Irlanda e que resoan na historia, na literatura e mesmo nas lendas “en cuxo fondo xacen enraizadas vedades da humanidade”. Maguir, que gabou o traballo desenvolvido pola organizacin do congreso “en circunstancias moi difciles”, agradeceu o aprecio da 鶹 polos estudos irlandeses, como “unha mostra mis da sintona que existe entre Irlanda e Vigo". Pola súa banda, o reitor, Manuel Reigosa, lamentou a imposibilidade de realizar o congreso de xeito presencial, ao tempo que agradeceu o traballo desenvolvido por Teresa Caneda e o equipo organizador e gabou a calidade do programa e das e dos poentes que participan no congreso.
A presidenta da Asociacin Espaola de Estudios Irlandeses, Pilar Villar-Argiz, lembrou a progresiva consolidacin que desde o ano 2001 experimentaron os estudos irlandeses en universidades e centros de estudos, ao tempo que amosou o seu orgullo polos congresos e publicacins realizados pola asociacin que dirixe. Pilar Villar-Argiz destacou ademais “o herosmo, entusiasmo e paixn” de Caneda por embarcase na organizacin do evento. Mentres, a directora do Departamento de Filoloxa inglesa, francesa e alem, Dolores Gonzlez, e o decano da Facultade de Filoloxa e Traducin, José Montero, sinalaron, respectivamente, “a popularidade acadada nos últimos 20 anos, entre o estudantado, polas actividades relacionadas con Irlanda”, froito da conexin entre este pas e Galicia, e a disposicin do centro a acoller eventos destas caractersticas, anda que como neste caso “non sexan presenciais”.
Unha abordaxe poliédrica dos silencios e das verdades incmodas
Durante dous das investigadores e investigadoras nacionais e internacionais abordarn, no congreso, no que se presentarn 60 “papers”, cuestins como a relacin do silencio coa linguaxe; a estética e as formas artsticas e de representacin na literatura, no cine e no xornalismo, as como desde vertentes socio-culturais que inclúen o silencio como forma de resistencia e subversin; a relacin coa construcin social da vergoa e os secretos impostos por cdigos de conduta, moitas veces de forte raz relixiosa, e desde unha vertente psico-social en relacin s disfucins e patoloxas individuais e sociais, traumas, e a violencia e as diferenzas de xénero, entre moitas outras.
“No eido poltico tamén prestaremos atencin violencia e aos conflitos, tan relevantes na complexa historia de Irlanda e desafortunadamente tan intrnsecos a territorios como o Norte de Irlanda”, engade Teresa Caneda, que destaca que os escritores irlandeses se caracterizan pola profunda implicacin hora de expoer e denunciar os aspectos mis escuros da sociedade que afectan vida da cidadana e que teen que ver coa censura, polticas inxustas e opresivas, violencias e manipulacins silenciosas desde as institucins que afectan aos dereitos esenciais das persoas. “As súas obras, ademais de denunciar as inxustizas, serven tamén para curar feridas e sinalar novas alternativas de existencia ante os erros do pasado. Isto é as, porque para os artistas irlandeses é moi importante actuar a onde non actuaron as institucins nin os polticos: non calar, revisar o pasado e falar do que non se falou antes”, explica a coordinadora de InTruths, que precisamente se centra na investigacin do modo en que os e as escritoras irlandesas buscan interrogar as historias silenciadas e as verdades non rexistradas e, ao mesmo tempo, pretende sacar luz as implicacins éticas deste tipo de ficcin que funciona como unha forma de resistencia ante o arraigo das prcticas culturais do silencio.
Xunto s intervencins de investigadoras e investigadores das universidade de Huelva, Deusto, Leuven, Galway, Alcal de Henares e University College of Cork, que participan coa 鶹 no proxecto InTruths, Caneda destaca do programa do congreso a lectura poética que este medioda realizou Mary O’Malley, “que ten tratado o tema da desaparicin da lingua irlandesa na súa poesa”, as como a conferencia sobre o silencio na obra de James Joyce a cargo do investigador da University of Utah, Vincent Cheng e a intervencin do xornalista Caelainn Hogan, autor dunha obra recentemente publicada sobre a institucionalizacin da cultura da vergoa e as súas consecuencias para a vida das mulleres nas derradeiras décadas. “O programa inclúe ademais unha sesin na que destaca a participacin das editoras e autoras dun volume de poesa no que se aborda o silencio das violencia contra as mulleres”, engade Teresa Caneda, que agradece o respaldo na organizacin do congreso da Asociacin Espaola de Estudios Irlandeses, da Federacin Europea de Centros de Estudos Irlandeses, da Unidade de Igualdade da 鶹 e do Departamento de Filoloxa inglesa, francesa e alem, as como da fotografa Ester Moliné, afincada en Dubln, autora da fotografa do pster do congreso, que lles cedeu os dereitos.
