No desfile no que presentaron as súas coleccins 15 novos titulados e tituladas
Debut 2025 premia as representacins da identidade feminina de Mericusan
Anta Lameiro logrou o galardn proposta con maior valor artesanal
“Como un reflexo da mia identidade e de como eu leo as identidades femininas” presenta a egresada do Mster en Deseo e Direccin Creativa en Moda, Mara Feixoo, Mericusan, a coleccin Crystal Angel, recoecida co primeiro premio de Debut 2025. Preto dun milleiro de persoas asistiron na noite deste venres no Pazo da Cultura de Pontevedra ao desfile no que 15 novos titulados e tituladas deste mestrado da Facultade de Deseo presentan as coleccins que desenvolveron como traballos de fin de mster (TFM) e no que tamén foi galardoado o proxecto O ano de perder a virxinidade, de Anta Lameiro.
Outorgado pola Fundacin Bimba y Lola, o premio ao deseo e creatividade desta décimo oitava edicin de Debut foi para un proxecto no que Mericusan buscaba representar a identidade feminina, “ou a mia propia”, a través de personaxes do cmic xaponés, “de rapazas mxicas e da subcultura lolita”, como recolle o texto de presentacin de Crystal Angel. Tras recibir este galardn como algo “marabilloso”, Mericusan recoeca estar “procesando anda” este premio ao “traballo xigante” que supn desenvolver estas coleccins como TFM, ao tempo que sinalaba que este recoecemento “vaime axudar 100%” no seu futuro profesional.
O xurado de Debut 2025 decidiu recoecer tamén co premio coleccin con maior valor artesanal, outorgado pola Fundacin Artesana de Galicia, o proxecto no que Anta Lameiro buscaba representar “diferentes personalidades cliché tomadas do cinema e da contorna estética e social” das universidades estadounidenses das décadas de 1960 e 1980 e que reflicten a idea dun “sono americano adolescente”.
O escaparate da “creatividade e talento dunha xeracin”
De decidir as gaadoras destes premios encargouse un tribunal conformado por Alejandro Gmez Palomo, fundador e director creativo de Palomo Spain; Leticia Garca Guerrero, redactora xefe de moda en SModa, de El Pas; Aurea Aburto e Pablo Pallardo, directores de accesorios e bixutera de Bimba y Lola, e Iria Domnguez, responsable de relacins públicas de Bimba y Lola. O seu “afecto e xenerosidade respecto dos estudantes” foi salientado pola coordinadora desta titulacin, Lola Dopico, na apertura dun evento que ten como obxectivo proxectar “o talento e a creatividade dunha xeracin” de deseadores e deseadoras “que son o futuro e que son o presente xa”. Dopico quixo tamén pr en valor “o esforzo e rigor” dos novos titulados e tituladas que presentaban as súas coleccins en Debut 2025, promovido co apoio de Concello de Pontevedra, Vicerreitora do campus, Consello Social da 鶹, Fundacin Artesana de Galicia, Xunta de Galicia, Fundacin Bimba y Lola, Deputacin e Museo de Pontevedra.
Sobre a pasarela pudeiron verse, xunto s coleccins premiadas, proxectos como que Blanca Orro articulou arredor dos insectos e o debuxo cientfico ou a reflexin sobre a androxinia como linguaxe estética e simblica na moda contempornea formulada por Belo. Sergio B. Carpintero, pola súa banda, explorou a figura do monstro a través dunha estética baseada na mutacin, a fragmentacin e o inacabado, mentres que Gabriela Fiori inspirou a súa coleccin na figura de Pablo Picasso, propondo, explica, “unha reinterpretacin sensorial e simblica da súa icononografa”.
Entre as fontes de inspiracin destes TFM atpanse ademais escritoras como Sylvia Plath, punto de partida da coleccin de Andrea San Miguel, mentres que Marian Pérez buscou reflectirno seu proxecto o universo poético de Gloria Fuertes e Laura Varela empregou a novela O último encontro de Sndor Mrai para dar forma a unha coleccin que fala da traizn. Por outra banda, o TFM de Claudia Ortuo propua unha relectura do poema Aceituneros, de Miguel Hernndez, a través do deseo téxtil, e o filme O esprito da colmea foi un dos xermes do proxecto que Ángel Lpez inspirou na posguerra espaola. A novela e serie Normal People serviron a Raquel Mera para explorar na súa coleccin a idea de feminidade, mentres que André Snchez presentou “unha reinterpretacin do armario masculino desde unha perspectiva infantil”. A estas propostas sumronse coleccins como a que Elena Antelo inspirou nos “imaxinarios do sur profundo dos Estados Unidos” ou o proxecto que Ruth Vidal sustentou nas manifestacins visuais e culturais asociadas ao turismo.
Neste desfile puideron coecerse tamén unha trintena de proxectos realizados por 20 estudantes do primeiro curso do mestrado. Levado a cabo coa colaboracin dos mis de 70 mozos e mozas que exerceron como modelos, entre as e os asistentes a Debut 2025 atopbanse o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernndez Lores; a vicerreitora de dzܲԾ e Relacins Institucionais, Mnica Valderrama; o vicepresidente da Deputacin de Pontevedra, Rafael Domnguez; o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustn Reguera, ou o decano da Facultade de Deseo, Marcos Dopico
Dúas exposicins pechan unha semana marcada pola moda
Mis al do desfile, Debut 2025 abrangueu un programa de actividades ao longo desta semana, do que formaron parte dez cursos e talleres para o alumnado da Facultade de Deseo, conferencias abertas a toda a cidadana ou as xornadas profesionais que este xoves levaron aos e s 15 protagonistas deste desfile a manter as súas primeiras entrevistas con responsables de recursos humanos de diferentes firmas. Non obstante, a programacin non se pechou co desfile deste venres, senn que continúa este sbado e domingo coa exposicin das coleccins desenvolvidas como TFM no Pazo da Cultura, onde podern contemplarse este sbado de 16.00 a 20.00 horas e o domingo de 12.00 a 14.00 horas. Sbado e domingo sern ademais as dúas últimas xornadas para contemplar no Edificio Castelao do Pazo da Cultura as prendas deseadas por 15 estudantes do mestrado nun proxecto de upcycling desenvolvido en colaboracin con Bimba y Lola e Palomo Spain.
