DUVI

Diario da 鶹

En total, comprende 17 alternativas formativas para as que est aberta a matrcula

A cuarta edicin do Itinerario Virtual de Formacin en Xénero estrea oito novos cursos

Abranguen dende o eido afectivo-sexual ata a perspectiva de xénero da investigacin

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Ourense
  • Pontevedra
  • Vigo
  • Igualdade
  • Institucional
M. Del Ro DUVI 22/03/2021

En marzo de 2020 e coincidindo coa celebracin do 8M, presentbase no campus de Ourense o estudo Valoracins, percepcin e impacto das polticas de igualdade entre mulleres e homes na 鶹. Unha das súas principais conclusins era que o 70% dos membros da comunidade universitaria queran mellorar os seus coecementos sobre igualdade. Desa necesidade naceu o , unha iniciativa formativa da Unidade de Igualdade que xa acada a súa cuarta edicin. O obxectivo é ofertar un catlogo de cursos de diferentes temticas que axuden a incrementar a calidade na docencia universitaria a través da incorporacin da formacin terica en xénero e da inclusin do enfoque de xénero.

Mis de 2800 persoas da comunidade universitaria participaron xa nalgunha das edicins do itinerario, unha cifra que dende a Unidade de Igualdade agardan que siga crecendo. En total, nesta cuarta edicin ofértanse 17 cursos, oito deles novos, que se veen a sumar ao catlogo xa existente. Como remarca Águeda Gmez, directora da Unidade de Igualdade, os cursos abranguen dende o eido afectivo-sexual ata a perspectiva de xénero da investigacin pasando polas polticas públicas de igualdade, tratando de ofertar formacin “nos eidos nos mis carencias hai, segundo recollemos nas enquisas de avaliacin das edicins anteriores”.

Os cursos son en lia e permiten que cada persoa se conecte cando tea maior dispoibilidade, xa que son pre-gravados. Trtase de ofrecer unha formacin “masiva e flexible” que se adapte s demandas dos membros da comunidade universitaria. As, o obxectivo final é que cada traballador ou traballadora e cada alumno ou alumna da 鶹 poida pasar por algún deste cursos nalgún momento, tratando as de estender a perspectiva de xénero en todos os planos e eidos da vida universitaria. De feito, engade Águeda Gmez, dende a Unidade de Igualdade e dende a Reitora estn a avaliar a posibilidade a abrir o itinerario, nun futuro, a toda a sociedade, estendendo as achegas das destacadas expertas que imparten os cursos, a toda a cidadana, tras detectar “moita demanda, por exemplo, no profesorado de Secundaria”, entre outros colectivos.

Para os 17 cursos desta edicin o prazo de matrcula est aberto ata o 31 de marzo. Cada unha das actividades, toda de balde, ser certificada pola 鶹. A formacin para o alumnado ser recoecida por créditos ECTS, para o PDI ter o recoecemento de Actividades de formacin permanente e para o PAS computar como méritos para concursos.

Oito cursos novos...

Esta cuarta edicin do itinerario inclúe oito cursos novos, que se suman aos que se vian impartindo. Entre as novidades est Pensar o amor no século XXI, que imparte a profesora da 鶹 Amada Traba xunto con Chis Oliveira e Mara Luisa Abad Abad, docentes de Secundaria. Outros dos cursos que se estrean son Polticas públicas de igualdade, da man de Laura Seara, ex directora Instituto da Muller; Novas masculinidades, impartido por Jorge Garca Marn, da Universidade de Santiago de Compostela; A prostitucin no marco do capitalismo neoliberal, que impartir Rosa Cobo, da Universidade da Corua e ʴǰԴDzڲ, que corre a cargo de Mnica Alario, da Universidad Rey Juan Carlos.

Tamén son novidades nesta edicin outros tres cursos que arrancaron no mes de febreiro co gallo da celebracin do Da da Muller e a Nena na Ciencia: Dimensin de xénero nos proxectos de I+D+i das TIC, da man de Soledad Torres, docente da 鶹; Mulleres e ciencia, que imparten Nieves Lorenzo e Amelia Verdejo, da 鶹 e Encina Calvo, da USC e A inclusin da perspectiva e a anlise de xénero/sexo na investigacin e a innovacin, que imparte Capitolina Daz, da Universidade de Valencia.

...e nove que volven a impartirse

A oferta complétase con outros cursos que xa se vian impartindo no marco do Itinerario Virtual de Formacin en Xénero nas pasadas edicins. As, volven ofertarse A perspectiva de xénero na educacin, da man de das profesoras das 鶹 Mari Lires e Iria Vzquez; Economa de xénero, con Xulia Gonzlez, da 鶹; Educacin afectivo-sexual, con Carmen Ruiz Repullo, da Universidad Pablo Olavide; Introducin perspectiva de xénero, que imparte a propia Águeda Gmez, xunto con Mara Ángeles Lemos, da 鶹; A comunicacin e o xénero, da man de Isabel Menéndez, da Universidad de Burgos; A sostenibilidade da vida no centro. Conciliacin e corresponsabilidade, con Enma Rodrguez, da 鶹; Normativa bsica de xénero, con Imma Valeije, profesora da 鶹; O acoso sexual e o acoso en funcin do sexo: Unha inxustiza invisible, con Yolanda Rodrguez, da 鶹 e O xénero e o sexo no século XXI, que imparte a docente da 鶹 Beatriz Surez Briones.

A todos estes cursos, avanza a directora da Unidade de Igualdade, est previsto que se sumen outros. Por unha banda, un sobre xénero e intelixencia artificial, que impartir a catedrtica Amparo Alonso Betanzos, presidenta da Asociacin Espaola de Inteligencia Artificial e coordinadora do grupo de investigacin LIDIA da Universidade da Corua e membro do Comité de Sabias da Ctedra Feminismos 4.0 Depo-鶹. Tamén estn a traballar para poer en marcha un curso centrado no eido da investigacin, dando resposta a unha demanda do PDI ante os novos requisitos das convocatorias europeas Horizonte 2020 en relacin perspectiva de xénero.