Coa entrega dunha mencin honorfica nos Premios Carreira Dual
O CSD recoece a excelencia deportiva e académica de Tania Álvarez
A investigadora e piragüista lograba neste 2025 o seu segundo ouro nun Campionato do Mundo
Recoecer deportistas que obteen “excelentes valoracins académicas” nos estudos que cursan e “brillantes resultados nas categoras nas que compiten” son, como sinala o Consejo Superior de Deportes (CSD), os obxectivos dos Premios Carreira Dual, cos que este organismo distinguiu piragüista e investigadora da 鶹 Tania Álvarez. Profesora da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte, Álvarez Yates foi unha das galardoadas cunha mencin honorfica na edicin de 2024 destes premios, entregados este xoves na sede do CSD, nun acto presidido pola ministra de Educacin, Formacin Profesional y Deportes, Pilar Alegra.
Dirixidos a pr en valor tanto os méritos deportivos como os académicos, os Premios Carreira Dual 2024 entregronse nesta xornada no marco da Gala CSD PROAD, dirixida a repasar os quince anos de traxectoria do Programa de Atencin ao Deportista de Alto Nivel deste organismo. Con galardns tanto para categora escolar como universitaria, os premiados e premiadas foron seleccionados a partir das candidaturas remitidas polas diferentes comunidades autnomas, escollidas súa vez de entre as propostas realizadas polas federacins deportivas. De a que, tras recibir a súa resolucin, a investigadora do Laboratorio de Rendemento Deportivo, Condicin Fsica e Benestar da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte recoecese que se trataba dun galardn “que non esperaba”.
Dirixido a recoecer os logros deportivos e académicos acadados o pasado ano, o Premio Carreira Dual 2024, na categora universitaria, foi para Óscar Salguero, deportista de natacin adaptada da Universitat de Barcelona, mentres que as mencins honorficas foron outorgadas tanto a Álvarez como ao patinador artstico Héctor Dez e a levantadora de pesas Marta Garca, das universidades de Cantabria e Salamanca, respectivamente.
2024, un ano especial, seguido doutro ano especial
Formada na facultade na que actualmente imparte docencia, Álvarez Yates defenda en 2024 a súa tese con mencin internacional no doutoramento en Educacin Fsica, Saúde e Deporte. Dirixida por Óscar Garca, a súa investigacin centrouse en coecer se os parmetros neuromusculares permiten predicir o rendemento deportivo de piragüistas de alto nivel. Ao mesmo tempo, esta deportista do CMDC Breogn do Grove lograba en 2024 proclamarse subcampioa de Europa de maratn, modalidade na que as e os piragüistas percorren unha distancia de 26,2 quilmetros. A esta sumbanse dous novos ttulos de campioa de Espaa de maratn e outras tres medallas en campionatos estatais doutras distancias, nun ano que foi tamén unha das beneficiarias na convocatoria de axudas da 鶹 para apoiar a deportistas universitarios na preparacin de competicins internacionais.
De a que Álvarez Yates lembre 2024 como “un ano especial, coa lectura da tese e a mia primeira medalla internacional na modalidade de K1, unha semana despois”, como o fora previamente 2022, cando logrou xunto egresada da Facultade de Fisioterapia Tania Fernndez alzarse coa medalla de ouro no Campionato do Mundo de Maratn, na proba de K2. O ano pasado, lembra, “fallamos no mundial en K2, ao perder o sprint final polo bronce”, rematando no cuarto lugar, mais o pasado mes de setembro Álvarez e Fernndez non s retornaban ao podio do Campionato do Mundo, senn que lograban en Hungra a súa segunda medalla de ouro en K2. “Sen dúbida, 2025 súmase a esa lista de anos especiais, xa que o noso obxectivo era volver o podio, pero pensabamos que o ouro estaba o outro nivel”, salienta esta deportista e investigadora.
