DUVI

Diario da 鶹

Trtase dunha iniciativa de alumnado de Ciencias da Educacin e persoal do centro

Créase o primeiro club de lectura da biblioteca do campus

As persoas interesadas poden asistir a unha reunin informativa o xoves 25 de outubro

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Ourense
  • Cultura
  • Cultura
DUVI Ourense 23/10/2018

“Un club de lectura como lugar de encontro de lectoras e lectores que gocen do intercambio de opinins e ideas sobre as obras literarias que se propoan”. Con este obxectivo preséntase o que ser o primeiro club de lectura da Biblioteca Rosala de Castro do campus de Ourense, que leva por nome A Comarca.

As responsables da iniciativa son Mercedes Pérez, en representacin da Biblioteca Rosala de Castro, e Alba Gonzlez e Uxa Veloso, dúas alumnas de terceiro curso do Grao en Educacin Infantil da Facultade de Ciencias da Educacin e “entusiastas lectoras” que teen participado tamén como escritoras en certames literarios da 鶹. “A idea do club parte dunha suxestin da profesora Isabel Mocio, que nos puxo en contacto para argallar este proxecto, que conta co respaldo da direccin e persoal da biblioteca”, comenta Mercedes Pérez. Para a súa posta en marcha, detalla, contaron co asesoramento prctico de Mara Bentez, traballadora da Biblioteca Pública de Ourense, que lles transmitiu a experiencia en clubs de lectura do seu centro.

O club universitario nace co ttulo de A Comarca, tomando o nome das novelas O hobbit e O Seor dos Aneis, de Tolkien e a proposta das alumnas promotoras, amantes da literatura de ciencia ficcin. A idea inicial é realizar unha xuntanza mensual do club na que se debata sobre o libro lido e se entregue a nova lectura. A cada membro do club se lle entregar en empréstamo un exemplar do libro escollido, sendo os fondos proporcionados polo servizo para clubs de lectura da Biblioteca de Galicia. “Convidamos a calquera persoa que forme parte da comunidade universitaria e que queira compartir con ns esta experiencia literaria que escriba un correo electrnico a clubdelecturabco@uvigo.es ou que vea a coecernos o xoves da 25 de outubro s 17.00 h sala de xuntas da Biblioteca Rosala de Castro”, comentan desde a organizacin.

Positivo para o centro e para as e os participantes

A idea de pr en marcha esta iniciativa, apuntan desde a biblioteca universitaria, nace da conviccin de que “non s ten que ser funcin das bibliotecas públicas a promocin da lectura. As bibliotecas universitarias tamén teen a responsabilidade ou a funcin de achegar a lectura súa comunidade, especialmente ao alumnado en formacin posto que podemos axudar a crear ou consolidar hbitos lectores slidos”. O club, engaden, constitúe “unha actividade mis de promocin da lectura da nosa biblioteca, como os Recunchos Temticos, o Da de Rosala, o Concurso de Haikus, a Lectura Recomendada, o Recuncho poético, etc.”

Sobre os beneficios que supn para as e os amantes da lectura participar nesta iniciativa, as súas promotoras salientan como nun club “a lectura pasa de ser un exercicio solitario e ntimo a unha actividade grupal compartida, enriquecedora, nun espazo fsico e non virtual no que se goza da proximidade da palabra falada”. As, lembran as palabras do escritor Umberto Eco nas que dica que unha obra literaria era unha obra aberta, unha obra en movemento, un significante con múltiples significados, tan variados como lectores posibles.