DUVI

Diario da 鶹

36 persoas participan nesta actividade coordinada polo músico Suso Vaamonde

A consolidacin dun grupo estable, principal reto da Aula de Música Tradicional Galega

O obxectivo é establecer unha formacin musical con varios formatos

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Cultura
  • Estudantado
  • Cultura
DUVI Pontevedra 17/11/2021

“Anda dentro do que estamos respirando e vivindo e coas dificultades que anda temos, este quizais sexa o noso ano mis ambicioso en canto a obxectivos a conseguir”, salienta o músico Suso Vaamonde, responsable da Aula Permanente de Música Tradicional Galega do campus, que desde 2017 busca contribur a que tanto o alumnado como calquera persoa interesada poida iniciarse ou mellorar o seu dominio de diferentes instrumentos populares. “Despois de tantos anos, este traballo agromou”, salienta Vaamonde, que destaca que un dos obxectivos centrais cos que a aula iniciou este curso era o de consolidar o seu grupo de música tradicional, “como unha formacin estable con varios formatos”.

De feito, despois duns meses nos que a pandemia obrigou a levar a cabo esta actividade de xeito virtual, o arranque deste curso 2021-2022 permitiu pr en marcha xa ese grupo, que nas últimas semanas participou na inauguracin da Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes e no acto de graduacin do Programa Universitario de Maiores, celebrado o pasado venres no campus pontevedrés. Como explica Baamonde, trtase dun grupo con “varios formatos”, o mis numeroso, o que reúne gaitas e percusin, “con mis de 20 alumnos”. De xeito paralelo, e pensando “noutro tipo de eventos”, a aula conta tamén cun grupo de zanfonas, ao que se suma “que tamén contamos cuns acordens que nos van permitir completar tanto un grupo como outro”.

Retorno presencialidade

A situacin provocada pola covid-19 obrigou a que, durante boa parte do pasado curso, esta aula tivese que desenvolver a súa actividade de xeito virtual, centrndose nese senso, a través de exercicios e titoras por videoconferencia, no traballo individual co instrumento. “O alumnado estivo traballando pola súa conta e nas clases online e iso ntase agora”, salienta Vaamonde dunha actividade que no presente curso cubriu as súas 36 prazas, na súa “inmensa maiora” por persoas que xa participaran nos cursos anteriores nesta iniciativa impulsada pola Vicerreitora do campus. De feito, esa continuidade “axuda tamén a consolidar este grupo estable”, recoece Vaamonde, que explica que unha parte das clases que cada luns desenvolven na Facultade de Ciencias Sociais e da dzܲԾ céntranse xa no traballo conxunto co repertorio que preparan para diferentes actuacins.

O traslado da Escola de Enxeara Forestal ao saln de actos desta facultade foi de feito outro dos cambios cos que esta Aula Permanente retomou a súa actividade no mes de setembro, dada a amplitude e ventilacin deste espazo. “Seguiremos aqu mentres obriguen as circunstancias”, apunta Vaamonde, que sinala que a amplitude deste espazo permite tamén compaxinar nas clases o traballo con “diferentes niveis” dun mesmo instrumento. Do mesmo xeito, cada sesin estruturase en diferentes franxas horarias para traballar cos diferentes instrumentos, desde as gaitas e a percusin, aos acordens, ocarinas e zanfonas. Ao mesmo tempo, cada sesin conta tamén cun tempo para o traballo conxunto, “na que a clase funciona como un ensaio”, como recoece este gaiteiro e profesor, que nos últimos anos combinou o seu labor docente coa súa traxectoria como músico en formacins como Vaamonde, Lamas & Romero, Luva Verde, Leilia Doura ou Cantata Verncula.

Dar a coecer o traballo realizado

Alén das actuacins “en eventos de diferentes tipos” que poidan levar a cabo o longo do curso, outro dos propsitos desta Aula Permanente é tamén darse a coecer tanto entre a comunidade universitaria como entre a cidadana. Isto, sumado situacin sanitaria, motivou que, cando as condicins climatolxicas o permitiron, parte destas aulas se trasladasen ao exterior da facultade. “A idea é que a xente vexa que se est facendo, como é onde”, apunta Vaamonde, que sinala que se ben esta actividade reúne “un grupo moi heteroxéneo”, do que forman parte tanto profesorado, estudantes do Programa de Maiores e persoas alleas comunidade universitaria, busca servir tamén como un espazo no que o alumnado que tocaba un instrumento nas súas vilas de orixe, poida seguir practicando na súa etapa universitaria.