Organizado polo Grupo de Estudos de Arqueoloxa, Antigüidade e Territorio da 鶹
O congreso internacional Sopa afondar na socializacin do patrimonio no medio rural
Ter lugar do 2 ao 8 de setembro na provincia de Ourense
Ao longo dunha semana, do 2 ao 8 de setembro, a provincia de Ourense acoller a celebracin do Congreso Internacional sobre Socializacin do Patrimonio no Medio Rural (). Nel presentaranse mis de 60 comunicacins procedentes de pases como México, Colombia, Chile, Arxentina, Grecia, Alemaa, Portugal e Espaa e realizadas por case un centenar de investigadores e investigadoras en mbitos como a arqueoloxa, a educacin e a antropoloxa.
A cita est organizada polo GEAAT, Grupo de Estudos de Arqueoloxa, Antigüidade e Territorio da 鶹, a través dos seus membros Beatriz Comendador e Óscar Penn, contando tamén co apoio da Bela Auria, da Rede Aldear e de La Underground Colectiva. O obxectivo da organizacin é chegar s 200 persoas asistentes, estando anda aberto o prazo de inscricin.
Tras celebrarse en Celanova en 2014, esta é a segunda ocasin na que Sopa ten como escenario Galicia. “Nesta edicin visitaremos un territorio de fronteira, a Reserva da Biosfera da Unesco, que se estende polos concellos de Muos, Os Blancos, Calvos de Randn e Baltar, seguindo a fronteira con Portugal e que conta con varios dos patrimonios conservados mis importantes de Galicia e, tamén, dos mis descoecidos”, sinalan desde a organizacin da evento.
O maior saber, o saber maior
Unha vez mis os alicerces de Sopa sern “educar no común, contactar, facilitar o acceso e a transmisin do patrimonio no medio rural; traballar no sentimento colectivo, con xente que quere comprometerse coa comunidade, que quere cambiar as formas de relacionarnos coa nosa cultura, e emancipar o coecemento mediante a expansin dos saberes e a cocreacin de contidos e metodoloxas”.
Como en todas as edicins de Sopa, dende o ano 2015 durante a semana do congreso realzase un seminario monogrfico para visibilizar e afondar en temas que a organizacin considera importantes no mbito non s do patrimonio rural senn tamén da cultura, dos territorios e as súas comunidades. “A situacin do contexto que nos acolle, un territorio moi avellentado, pero cunha grande esperanza de vida, fxonos pensar que as persoas maiores son, en moitas ocasins, as principais protagonistas dos procesos de socializacin do patrimonio cultural e da memoria colectiva e, sobre todo, no rural”, explican desde a organizacin. Por este motivo, engaden, “este ano pensamos que o seminario deba tratar sobre esa comunidade e por iso levar por ttulo O maior saber, o saber maior”. Deste xeito, neste 2024 o congreso quere pr o foco, con especialmente atencin, nos saberes herdados a través das persoas maiores contando cunha xornada dedicada integramente a este tema e onde intervirn, entre outros, os antroplogos ourensns Manuel Mandianes e Ftima Braa.
Ademais deste seminario, a programacin inclúe diferentes sesins tericas sobre temas como polticas culturais, metodoloxas participativas e anlise e estudos relacionados co patrimonio rural e as comunidades s que est vinculado. No apartado de sesins de proxectos presentaranse propostas executadas ou en fase de desenvolvemento, deseadas no mbito do patrimonio rural e do traballo con comunidades. Estes proxectos estn vinculados a unha ampla e diversa variedade de temas, como a xestin de territorios; o turismo comunitario; a tradicin oral e/ou tradicin mnemnica e as redes culturais. O programa completarase con numerosas actividades culturais, entre as que se inclúen teatro, música, cinema documental e narracin oral.
