Foi ofrecida por José Sobrino, catedrtico de Fsica da Terra da Universidade de Valencia
Unha conferencia afonda no campus no uso de satélites para a deteccin de illas de calor e incendios
O campus de Ourense acolleu este xoves a conferencia Illa de calor e incendios: unha aproximacin dende a teledeteccin, ofrecida por José Sobrino, catedrtico de Fsica da Terra da Universidade de Valencia, experto en teledeteccin e lder da fase de consolidacin da misin térmica SIRIUS da Axencia Espacial Europea (ESA). O acto estivo organizado polo Instituto de Աپ en Fsica, Computacin e Ciencia Aeroespacial e o Instituto de Agroecoloxa e Alimentacin da 鶹, co apoio da Escola de Enxeara Aeronutica e do Espazo, a Facultade de Ciencias e o Campus Auga.
De orixe galega, José Sobrino abordou a temtica da conferencia a partir da experiencia nela de 40 anos do seu grupo de investigacin na Universidade de Valencia, onde actualmente é director da Unidade de Cambio Global. As falou de traballos feitos arredor da deteccin de incendios, sobre todo da súa extensin e severidade e da evolucion das zonas afectadas, como foi no caso dos incendios acontecidos en Ourense no mes de agosto. Igualmente explicou ao alumnado e persoal docente e investigador presente o uso da teledeteccin en illas de calor, é dicir ao feito de que “a temperatura na cidade, durante a noite fundamentalmente, é maior que na zona dos arredores, xa que os materiais que configuran a cidade feitos polo home, como o cemento, o asfalto, etc. absorben calor de da e libérano durante a noite, o que e fai que aumente esa temperatura”. Con datos de satélite, indicou, “pdense detectar eses graos de variacin entre a zona urbana e os arredores”. Neste punto o convidado explicou que “presentamos un proxecto Axencia Espacial Europea, unha misin cientfica que ten como obxectivo o estudo do efecto illa de calor co lanzamento dun satélite puramente destinado a iso”. O satélite chmase SIRIUS e “é unha fase de consolidacin, despois de oito meses traballando no proxecto presentamos hoxe mesmo o informe final e en marzo defenderémolo na ESA xunto a outros proxectos, dos que se elixirn dous para lanzar ao espazo”.
Auga, medio ambiente e algoritmos
José Sobrino tamén falou de como na actualidade est no grupo asesor da misin da ESA Land Surface Temperature Monitoring (LSTM), “que ten como obxectivo sobre todo o seguimento do uso da auga nos cultivos, concretamente a evapotranspiracin”, centrndose en medir desde o satélite os milmetros de auga evaporada por da. “A partir diso pdese ter estimacins das necesidades de auga e por tanto facer un uso racional do regado”, sinala, lembrando que anda que agora estamos con inundacins “en Espaa unha gran parte da superficie ten necesidades de auga, algo que afecta aos cultivos e produtividade agrcola, e por tanto ter estes datos pode achegar moito produtividade agraria e ao uso racional de recursos”.
Na súa intervencin, presentada por Francisco Javier Rodrguez, vicerreitor do campus de Ourense, o catedrtico tamén comentou o uso de teledeteccin en cambio climtico en sentido global, en ver como aumenta a temperatura do planeta empregando imaxes de satélite que barren toda a superficie planetaria de xeito diario, observando como evoluciona no tempo e o que iso implica en subida do nivel do mar, no desexo glaciar, etc. Por último, citou a importancia da lia de investigacin bsica en teledeteccin, no caso do seu grupo “desenvolvendo algoritmos que permitan a partir dos satélites existentes, xerar parmetros, dar mapas de temperatura, de evapotranspiracin, de illas de calor, etc”. Para facelo, engadiu, “hai unha parte fundamental que consiste en ver como se corrixe a imaxe de satélite para conseguir que o mapa que ofreces sexa un mapa de precisin e que realmente axude”, pois, indicou, “se queremos que o dato in situ se substitúa polo dato de satélite temos que asegurar unha precisin equivalente”.
