DUVI

Diario da Âé¶¹¹û¶³

No Da das Universidades Saudables, os tres campus participaron no Reto 5000 doazns

A comunidade universitaria únese en prol dunha vida mis saudable

Tamén se repartiu froita para fomentar unha alimentacin sa e equilibrada

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Deportes
  • ³§²¹Ãº»å±ð
  • Institucional
M. Del Ro DUVI 04/10/2018

Segundo o Eurobarmetro 2018, un 46% da cidadana europea non practica ningún deporte. Isto, unido aos hbitos alimenticios inadecuados e vida sedentaria, xera un problema social e de saúde pública. As universidades non son alleas a esta situacin e levan anos apostando por crear estratexias comúns que fomentan a vida activa e saudable entre o alumnado e o persoal, con proxectos de investigacin, redes de colaboracin e campaas de sensibilizacin, como a que se celebra este 4 de outubro, Da das Universidades Saudables. 

A Âé¶¹¹û¶³ uniuse neste da a dúas iniciativas complementarias. Por unha banda, ao #Reto5mil doazns e, por outra, ao #IIRetoFrutaREUS. A primeira destas actividades consistiu nunha campaa de doazn de sangue en rede, coa que se pretende conseguir 5000 doazns de sangue ao longo do da entre todas as universidades participantes, un total de 20 institucins de 15 comunidades autnomas. Para iso, a Axencia de Doazn de Órganos e Sangue (ADOS) instalou nos tres campus as súas unidades mbiles para que toda a comunidade universitaria puidese tomar parte deste reto promovido dende a Rede Espaola de Universidade Saudables (REUS). 

Paralelamente desenvolveuse o Reto da Froita, unha campaa de reparto de mazs e pltanos entre a comunidade universitaria coa que se busca incentivar o seu consumo da froita como un alimento saudable, fronte a outro tipo de produtos procesados e de menor valor nutricional. Ademais, a comunidade universitaria pode participar nun concurso subindo as súas fotografas consumindo froita a Twitter, inclundo no texto do cho o cancelo #IIRetoFrutaREUS e mencionando a conta da Universidade (@uvigo) e a da Rede Espaola de Universidades Saudables (REUS) (@unisaludables). 

Por outra banda, dende ADOS tamén apostaron por entregar unha froita a todas aquelas persoas que participasen na doazn de sangue, e salientaron a dobre vertente deste Da das Universidades Saudables: por unha banda, promover e sensibilizar a prol do solidario xesto da doazn e por outra, fomentar hbitos de vida saudables entre as comunidades universitarias dos sete campus galegos.

190.000 doazns de sangue nas tres universidades

Dende que botou a andar en 1993, a Axencia de Doazn de Órganos e Sangue mantivo unha estreita relacin coas universidades galegas e co ensino non universitario para desenvolver campaas de doazn e de sensibilizacin porque, como explican dende este organismo, para moitos mozos e mozas é o primeiro contacto que teen co solidario xesto da doazn de sangue. Nestes tempo acumulronse arredor de 190.000 doazns de sangue entre os centros docentes dos sete campus galegos.

Por iso tamén quixeron agradecer a colaboracin dos reitores das tres universidades galegas para pode levar a cabo tanto o Reto 5000 como as campaas de doazn, como a que arrancou a pasada semana. Esta primeira fase prolongarase ata o vindeiro mes de decembro e entre os meses de marzo e maio do 2019 ter lugar a segunda fase. O obxectivo deste curso 2018-2019 pasa por superar as 4542 doazns rexistradas no pasado ano académico.