DUVI

Diario da 鶹

Segundo un estudo realizado por investigadores do grupo HealthyFit

A comunidade universitaria mantvose fisicamente activa durante o confinamento

O 56% continuou realizando actividade fsica nese perodo

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Deportes
  • Estudantado
  • ú
  • Աپ
DUVI Pontevedra 02/08/2022

Mis al da traxedia que, en termos de perda de vidas humanas, supuxo a irrupcin da covid-19, as restricins s que obrigou a pandemia afectaron de moitas formas saúde fsica e mental do conxunto da sociedade. Coecer o impacto que tiveron sobre a comunidade universitaria o confinamento e as restricins durante as primeiras olas da covid-19 foi o obxectivo central dun estudo levado a cabo polos investigadores do grupo HealthyFit Gustavo Rodrguez, Pablo Campo e José Mara Cancela, que permitiu coecer que tanto o alumnado como o persoal da 鶹 foron quen de manterse fisicamente activos durante o confinamento. A través dunha enquisa a 359 membros da comunidade universitaria, os profesores das facultades de Fisioterapia e Ciencias da Educacin e do Deporte puideron constatar que o 56,3% continuaron realizando actividade fsica neste perodo, buscando “exercicios alternativos” s súas prcticas habituais, o que súa vez combinaron “cun descanso adecuado e distanciado de hbitos txicos”.

“A comunidade universitaria conseguiu crear un plan de choque. Era unha comunidade cun nivel de actividade fsica e deportiva elevado e conseguiu ter os recursos necesarios para poder manterse activa durante todo este proceso”, salienta Campo das conclusins deste estudo, recollidas nun artigo publicado na revista Retos. Seleccionado na convocatoria de axudas investigacin, no perodo 2020-2021, do Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (Cofiga), a orixe deste estudo, como explica Campo, radica nas propias consecuencias que a pandemia tivo sobre as súas lias de investigacin habituais, que implicaban o traballo con poboacin “frxil ou con patoloxas”. Por aquel entn, lembra o profesor da Facultade de Fisioterapia, comezaron a publicarse investigacins sobre o impacto da covid-19 en diferentes colectivos, “o que nos deu idea de pensar no que tivo en ns mesmos, en como a estabamos afrontando os docentes e investigadores, o persoal de administracin e servizos e o alumnado”. Nese senso, o artigo Lifestyles and habits of a Spanish University Community in times of COVID-19: a cross-sectional study presenta os resultados dunha enquisa da que recibiron un total de 359 respostas vlidas para “unha anlise sociodemogrfica”, preto do 39% de docentes e investigadores, un 32% do persoal de administracin e servizos e un 21% de estudantes.

Un estilo de vida activo e saudable

As e os 359 membros participantes neste estudo, o 58% mulleres, amosronse de xeito maioritario como persoas cun “estilo de vida saudable, cun bo nivel de actividade fsica e un bo nivel de descanso”, segundo recolle o artigo. Preto do 70% das e os participantes, de feito, definan o seu estado de saúde como bo ou moi bo, ao igual que a súa calidade de vida. No seu conxunto, afirmaban durmir unha media de sete horas diarias, menos do 10% eran fumdadores e preto do 40% consumen alcol, como moito, dúas ou tres veces ao mes.

Antes da pandemia, o 59% faca exercicio ou algunha actividade fsica varias veces semana e o 17% unha vez semana, mentres que menos do 9% se definen como sedentarios. Durante o confinamento, explican os autores deste estudo, o 56% mantivéronse “dalgunha maneira” activos, buscando opcins alternativas para facer exercicio. De feito, mis do 45% buscaron informacin por internet sobre posibles actividades que levar a cabo mentres permanecan nas súas casas. Pola contra, as e os integrantes da comunidade universitaria recoecan tamén que durante este perodo aumentaron o número de horas diarias que destinaron s pantallas. De feito, como explica Campo, “o 66% sufriron dores musculares polo sobreuso de dispositivos electrnicos”

Un factor protector

Nunha enquisa que se realizou a finais de 2020, practicamente o 90% dos participantes sinalaron que lles preocupaba bastante ou moito a pandemia e a súa evolucin e preto do 75% pensaban que repercutira de forma negativa na súas vidas. Ao mesmo tempo, preto do 97% afirmaron seguir as diferentes recomendacins adoptadas polas autoridades sanitarias, vez que unha significativa porcentaxe recorreu, como apunta Campo, a “fontes primarias”, como a web do Ministerio de Sanidade ou mesmo a publicacins cientficas para informarse da pandemia. “Os nosos resultados amosan” que a comunidade da 鶹 “parece ser consciente da seriedade da pandemia e conseguiu establecer patrns de comportamento responsables”, salientan os autores deste estudo. De a que, pese as súas “limitacins”, a investigacin permita conclur, engaden, que a comunidade da 鶹 “ten un estilo de vida saudable”, que mantiveron e que “xunto co seguimento das recomendacins das autoridades sanitarias, puido ter xogado un papel de proteccin” da súa saúde fsica e mental. “Un estilo de vida saudable é un factor importante no control de varias enfermidades e est moi relacionado tamén co control de aspectos vinculados saúde mental, como a ansiedade ou o estrés”, sinala Campo, que recoece que, anda que “non era o obxectivo do estudo”, os seus resultados permiten apuntar que estes hbitos “é posible que tiveran tamén un efecto protector” respecto dos “efectos negativos causados pola exposicin s experiencias da pandemia e os confinamentos”