Contou coa participacin do Colexio de Economistas, Grupo REVI e un exdirector xeral de ADIF
Un coloquio aborda na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo o impacto do AVE para Ourense
Con el arrancou unha nova edicin da iniciativa Encontros no Campus
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense acolleu este venres a celebracin do coloquio É o AVE a solucin aos nosos males? O seu obxectivo foi reflexionar sobre o impacto da alta velocidade na cidade e na provincia de Ourense. Para facelo, contou coa participacin de Carmen Sampayo, decana do Colexio de Economistas de Ourense; Julio Iglesias, asesor executivo do Grupo REVI; e Carlos de la Pea, economista e exdirector xeral de ADIF. A mesa estivo moderada José Ángel Vzquez Barquero, director do Departamento de Fundamentos da Anlise Econmica e Historia Econmica da 鶹 e coordinador da actividade.
Na presentacin do coloquio, José Ángel Vzquez Barquero explicou que con el arranca unha nova edicin dos Encontros no Campus, que ao igual que o curso pasado teen como obxectivo ser “un punto de encontro” no que establecer “un dilogo tranquilo sobre temas importantes para a nosa cidade e para a nosa provincia”. Nestas actividades, sinalou, participarn profesionais, empresariado, representantes de colectivos significativos na provincia, etc co obxectivo de “discutir, falar e intercambiar puntos de vista”. Neste senso, Jesús Vzquez, decano da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, apuntou a importancia de que mis al da docencia e da investigacin, a universidade e neste caso a súa facultade sexan tamén “un punto de encontro de xeracin de ideas, de opinin”, un espazo “no que e recoller o pensamento de Ourense”.
