DUVI

Diario da 鶹

As profesoras Begoa Paz e Itziar Ezquieta desearon unha serie de actividades para nenos e nenas

A coleccin do Museo de Pontevedra, xerme dunha viaxe didctica polo Camio Portugués

Os resultados deste proxecto preséntanse ata o 24 de outubro nunha exposicin

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Cultura
DUVI Pontevedra 29/09/2021

Dez municipios emprazados ao longo do Camio Portugués acolleron nos últimos meses unha serie de obradoiros didcticos para nenos e nenas, que tian como punto de partida dez pezas singulares pertencentes coleccin permanente do Museo de Pontevedra. Tomando como punto de partida obras de Lugrs, Castelao ou Seoane e pezas como a Laxe das Picadas ou a escultura dun Santiago Pelegrn do século XVII, as profesoras da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte Begoa Paz e Itziar Ezquieta desenvolveron unha serie de actividades e materiais didcticos. No marco do proxecto O Museo en Camio, estes viaxaron xunto con pequenas réplicas das obras seleccionadas por Tui, Ribadelouro, Redondela, Cesantes, Arcade, Barro, Caldas de Reis, Valga, Pontecesures e Padrn. Unha seleccin das pezas que os nenos e nenas realizaron a partir destas propostas exhbese ata o 24 de outubro no Museo de Pontevedra, na exposicin resultante deste proxecto, levado a cabo co apoio da Xunta de Galicia e que as docentes do Departamento de Didcticas Especiais desenvolveron xunto coas asociacins Taller Abierto e Paspalls.

Colaxes que implicaban combinar de múltiples formas elementos presentes nun cadro de Seoane, brazaletes de estao que tian como punto de partida o Tesouro de Caldas ou cadernos de viaxe que partan dun achegamento paisaxe a partires dunha obra de Sobrino Buhgas poden verse nestes das no acceso ao Edificio Castelao, xunto ao “museo porttil” no que se trasladaron aos diferentes obradoiros as réplicas das obras seleccionadas para o proxecto. “Fxose unha seleccin o mis ampla posible dos fondos do Museo, na que hai tanto pezas da Prehistoria coma obras contemporneas”, salienta Paz dun traballo no que buscaron que estivesen tamén representadas “diferentes linguaxes, xéneros e posibilidades plsticas” e que permitisen súa vez establecer “unha relacin co propio Camio”.

Obras que levan a explorar diferentes técnicas e linguaxes

Para cada unha das obras, Paz e Ezquieta deron forma a unha proposta de actividade didctica que, da man de Taller Abierto, os nenos e nenas levaron a prctica nos diferentes municipios. As, unha caricatura de Castelao serviu para propor un exercicio no que as e os participantes “escriban unha descricin de si mesmos, que logo an pasando aos compaeiros para que a interpretasen” a través dun debuxo. O retablo de San Acacio, entendido como “unha forma de expresin grfica dunha secuencia narrativa”, como sinala Ezquieta, serviu as mesmo para dar forma a unha actividade na que nenos e nenas tian que plasmar “unha historia en tres actos”. Traballar nuns bloques cunha cara pintada e outra en branco a idea “do contrario desde os elementos visuais” era, por outra banda, o eixo da proposta que desearon inspirndose no busto bifronte de Xano, mentres que o miliario romano de Salcedo serviu como base para “un xogo de fichas que tian que situar, a partir dunhas pistas, nun mapa” de Galicia. 

“Estudouse cada obra e a partires do concepto, material e tipo de traballo, reformulouse nunha proposta didctica”, salienta Ezquieta dun proxecto no que buscaron non s traballar cos nenos cuestin relativas a temticas, senn tamén a diferentes linguaxes e técnicas artsticas. “Cada unha das actividades ten unha serie de contidos e materiais especficos”, explica Paz. Con esa mesma idea, deseronse unha serie de “mapas visuais de apoio, que acompaaban as actividades”, as como “tarxetas postais nas que reformulamos a peza como unha ilustracin infantil” e coas que se agasallou aos e s participantes nos talleres. 

Na mostra que nestes das pode contemplarse no Museo, cada conxunto de obras preséntase acompaada dun cdigo QR que permite acceder “a pequenos vdeos dos procesos de traballo”. Do mesmo xeito, as obras da coleccin permanente seleccionadas exhbense nestes das xunto a unhas cartelas que informan deste proxecto e que “permiten interrelacionar esta exposicin coa coleccin do Museo”, de tal xeito que as e os visitantes poidan “ver a obra orixinal e a súa relacin con este traballo”, sinala Paz.