DUVI

Diario da 鶹

O equipo arrancou este xoves na piscina universitaria a súa actividade

O Club Natacin Escualos Campus da Auga afronta unha nova tempada con “ilusin e ganas de seguir medrando”

Como novidade incorporan un novo grupo de augas abertas

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Ourense 20/09/2019

O Club Natacin Escualos Campus da Auga arrancou este xoves na piscina universitaria AQA Ourense unha nova tempada. “Coa mente posta na primeira xornada da liga galega, o 20 de outubro, arrancamos un novo curso aspirando a todo e co obxectivo de estar como o ano pasado nos postos altos das clasificacins”, comentan desde o equipo, lembrando como “as ilusins e as ganas de seguir medrando son mximas”.

Sobre o equipo, sinalan como “seguimos contando con Hugo Nogueira como adestrador e un dos seus baluartes e co apoio de AQA Ourense como centro acutico de referencia”. Como gran novidade, engaden, esta temporada incorporan un novo equipo de augas abertas liderado por Jesús Carlos Quintas, "experto nadador de travesas  e adestrador". Ademais, indican desde Escualos, “reforzamos o noso compromiso coa competicin en piscina, ampliando os horarios de adestramento”.

O programa desta primeira sesin celebrada o xoves, que asistiu Esther de Blas, vicerreitora do Campus de Ourense, consistiu, ademais da realizacin da foto oficial, dunha homenaxe ao equipo de augas abertas, polo ttulo acadado no circuto galego desta modalidade na categora mster masculino; unha charla técnica dos adestradores e a presentacin do novo cronmetro de piscina que o club instala en AQA Ourense para o uso de todas e todos os usuarios da piscina. Non faltaron os agradecementos a patrocinadores, colaboradores e sobre todo s e aos socios do club.