DUVI

Diario da 鶹

A cita celebrouse esta fin de semana en Ourense

O Club Escualos Campus da Auga acada o sexto posto no Campionato Galego de Vern de Natacin Mster

Os seus nadadores e nadadoras conseguiron 70 medallas

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Deportes
  • ú
  • Deportes
DUVI Ourense 10/06/2019

O Club Natacin Escualos Campus da Auga participou con éxito esta fin de semana no Campionato Galego de Vern de Natacin Mster, celebrado na piscina Rosario Dueas de Ourense. O equipo destaca os “resultados incribles” acadados, que foron “mis de 70 medallas, un récord galego, o quinto posto do equipo masculino, o quinto posto do equipo feminino e o sexto posto na clasificacin total”.

Na cita, na que participaron 26 equipos, competiron 31 nadadores e nadadoras do Club Natacin Escualos Campus da Auga. “Estar pelexando con Pavilln Ourense, Ras Baixas, Travesas, Portamia ou Ponteareas é impresionante”, afirman desde Escualos, indicando como no campionato celebrado competiron “ata o último momento, pero o empuxe final dos clubes con mis historia impúxose ante a nosa xuventude”.

Tras esta competicin, o club do Campus da Auga salienta como “esta foi a mellor tempada da nosa curta vida como equipo de competicin de natacin mster”, xa que, indican desde o equipo, aos resultados acadados esta fin de semana hai que sumar o sétimo posto no Campionato Galego de Inverno e o cuarto na Liga Galega Mster. “A incorporacin de novos nadadores esta tempada as como o apoio do Campus da Auga foi fundamental para o equipo”, sublian.

Prxima cita, Os Peares

A seguinte cita para o Club de Natacin Escualos Campus da Auga é o V Encoro Os Peares. Travesa a Nado, que se celebrar o 16 de xuo nos Peares baixo a súa organizacin. A cita, o único evento de augas abertas como tal que hai na provincia de Ourense, constar de tres probas: unha infantil, de 200 metros; unha corta, o Trofeo Campus da Auga, de 1200 metros, que ser unha volta ao circuto, e unha longa, Trofeo Os Peares, de 3600 metros, que puntúa no circuto de augas abertas.