DUVI

Diario da 鶹

Esta iniciativa ampla neste 2026 o seu número de participantes, cun formato de torneo

O club de debate de Direccin e Xestin Pública convida a estudantes de catro institutos a reflexionar sobre o aumento do gasto militar

Nas últimas semanas levronse a cabo actividades formativas nos diferentes centros

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Estudantado
  • é
DUVI Pontevedra 26/03/2026

A raz dunha experiencia de innovacin docente que conectaba diferentes materias do grao, a Facultade de Direccin e Xestin Pública impulsaba en 2023 un club de debate que buscaba contribur ao desenvolvemento da capacidade de argumentacin do estudantado de diferentes niveis educativos. Na súa cuarta edicin, o Club de Debate DXP ampla o seu número de participantes, coa presenza do alumnado do IES A Xunqueira II e do colegio Los Sauces, de Pontevedra, e cos colexios Esperanza, de Vigo, e Santiago Apstol, de Soutomaior. Faino ademais adoptando un formato de torneo con diferentes eliminatorias, que ter lugar en maio e que se ve precedidos nestas semanas por actividades formativas nos diferentes centros participantes, as como por un primeiro debate entre dous equipos da facultade. Este tivo xa como eixe a que ser a temtica desta edicin, a argumentacin favorable ou contraria a se Espaa debera aumentar o seu gasto militar ata o 5% do PIB. 

Este primeiro debate, que como sinala o profesor Ignacio Fernndez, coordinador da actividade, non tia carcter eliminatorio, enfrontou por primeira vez un equipo de estudantes de terceiro curso do Grao en Direccin e Xestin Pública con outro de primeiro. A actividade contou tamén coa presenza de alumnado do Colexio Santiago Apstol, un dos centros que se incorporan neste 2026 a unha iniciativa que naceu como unha experiencia de innovacin docente que implicaba o alumnado de terceiro curso na organizacin e desenvolvemento dun debate. “Ao ano seguinte decidimos levar esa actividade tamén aos outros centros”, lembrou o decano, Enrique Varela, na apertura un encontro correspondente “fase intermedia” dun proxecto que adopta nesta ocasin, explicou, "un modelo de torneo”. 

Da formacin competicin

Esta nova edicin do Club de Debate DXP arrancara cunha serie de “dinmicas e actividades preparatorias nos propios centros, orientadas ao adestramento en habilidades de argumentacin, pensamento crtico e oratoria”, sinala Fernndez, encargado de impartir estas sesins xunto con estudantes da facultade que tomaron parte neste proxecto o pasado curso. 

Esta semana, a iniciativa continuou coa organizacin dun debate que tivo como eixe o que ser o tema común para todas as fases do club de debate. Como explica Fernndez, este articúlase arredor da pregunta de se Espaa debera ou non “aumentar o seu gasto militar ata o 5% do PIB para reforzar o seu papel na OTAN”. Deste xeito, segundo a postura que lles corresponda por sorteo, os equipos debern argumentar tanto que este aumento “permitira reforzar a autonoma estratéxica de Espaa” e mellorar “a súa capacidade de defensa ante ameazas hbridas” como que podera supor “unha desviacin de recursos fundamentais para os servizos públicos”, que fomentara súa vez “dinmicas de militarizacin”.

Farano na fase final desta iniciativa, prevista para o mes de maio, e para a que nesta ocasin “optouse por un sistema de eliminatorias concentradas nun único da”, explica Fernndez. Nelas, os diferentes centros acudirn con un ou dous equipos de estudantes da ESO ou bacharelato, mentres que a facultade estar representada tanto por un equipo de primeiro curso como por outro de terceiro. 

Participacin nun curso en Polonia

Direccin e Xestin Pública acolleu tamén esta semana diferentes encontros e coloquios cos investigadores da Marie Curie-Sklodowska University de Lublin (Polonia) Piotr Szreniawski e Slawomir Pilipiec, que serviron para afondar en cuestins como a relacin entre sociedade e leis e a importancia da mediacin. Por outra banda, profesorado e alumnado da facultade participar proximamente nesta cidade polaca no BIP Erasmus sectorial taxes: theory, EU law and national practice, que se desenvolver na John Paul II Catholic University de Lublin.