O ciclo Docs del Mes retoma a súa programacin o vindeiro luns na Vicerreitora
As citas mensuais co cinema documental continúan en 2023
A actividade continúa ata xuo e retomarase en setembro
Un filme centrado na traxectoria da artista finesa Maija Sola abre o vindeiro luns 23 a programacin neste ano 2023 de , un ciclo de cinema documental que se desenvolve en 70 localidades de Espaa e que a Vicerreitora do campus promove en Pontevedra desde 2018. Con entrada libre ata completar a capacidade da sala, as proxeccins sucederanse ata o mes de xuo na Casa das Camps, dando continuidade a unha iniciativa “que ten xa un público asiduo”, como lembra o director de rea adxunto Vicerreitora, Luis Torres, que destaca “o positivo de poder continuar con esta programacin ao longo de 2023”.
Con proxeccins que tern lugar o terceiro ou cuarto luns de cada mes s 20.00 horas, o ciclo retoma a súa actividade o vindeiro luns 23 co documental no que a cineasta finesa Leena Kipeläinen “reconstrúe a incrible vida de Maija Isola”, unha artista que “revolucionou o mundo do deseo téxtil” nas décadas de 1950 e 1960 “cun estampados florais que se converteran nun éxito global”, como destaca a promotora de Docs del Mes. Ao mes seguinte, o 27 de febreiro poder verse Un viaje de mrmol, un documental do director chinés Sean Chang que se presenta como “unha reflexin con humor sobre a autenticidade, a tradicin, as relacins internacionais e a absurdeza da economa global”, na que amosa como os bloques de mrmore extrados dunha canteira en Grecia viaxan en barco a China “para seren convertidos en esculturas e columnas de estilo grego”.
Sri Lanka, Xapn, Polonia e Zimbabue
Con proxeccins en versin orixinal subtituladas, a programacin continúa o 20 de marzo con No place like home, de Emilia Beck, un documental que retrata a historia de Priyangika Samathie, “unha muller nova adoptada por unha familia norueguesa que quere reconciliarse coas súas orixes en Sri Lanka”, dando lugar a “unha viaxe existencial convertida nun clamor anticorrupcin”, como sinalan desde a empresa promotora. Ao mes seguinte, o ciclo viaxa ata Xapn, coa proxeccin, o 24 de abril, de Rising from the tsunami, un documental no que Hélène Robert and Jeremy Perrin propoen un “percorrido misterioso e poético”, a través dos testemuos dos superviventes, polas consecuencias psicolxicas e emocionais que supuxo o tsunami que en 2011 asolou costa de Tohoku, deixando mis de 15.000 falecidos.
Xa o 22 de maio poder verse na sede da Vicerreitora The pawnshop, unha “emotiva historia” de Lukasz Kowalski sobre a parella propietaria da que é “probablemente a casa de empeos mis grande de Europa” e en como o crecemento do paro na cidade polaca na que se atopa rematou por convertela “nun centro de vida importante para a comunidade local”. Finalmente, o 19 de xuo proxectarase President, un documental que Camilla Nielsson centra na figura do poltico Nelson Chamisa e na primeira campaa electoral vivida en Zimbabue tras o réxime de Robert Mugabe, que se presenta como “unha crnica inspiradora e impactante sobre a loita pola democracia nun sistema corrupto controlado por militares”.
