DUVI

Diario da 鶹

Jorge Luis Bueno coordina Teaching Shakespeare in Film and the Arts Today: Models, Methods, Material

O cinema e as artes, poderosas armas para o ensino de Shakespeare 

O volume achega traballos de investigadores e investigadoras de variada tipoloxa

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • HR
  • Աپ
  • ʳܲԲ
  • Աپ
Mª del Carmen Echevarra Figueroa DUVI 24/01/2025

Unha fotografa dunha recente montaxe do Centro Dramtico Galego ilustra a portada de Teaching Shakespeare in Film and the Arts Today: Models, Methods, Materials, que, como asegura o seu editor, o docente e investigador da 鶹 Jorge Luis Bueno, “reflicte simbolicamente a relevancia transcultural que ten Shakespeare”. Froito da súa experiencia dende hai mis dunha década nun seminario sobre o autor inglés e o cinema, Bueno presenta neste volume unha coleccin de captulos que revisan enfoques pasados, presentes e futuros relacionados con Shakespeare no cinema co fin de rastrexar os modelos, métodos e materiais utilizados por docentes e estudosos hora de abordar estas cuestins dentro e fra da aula.

“Quera que o volume ofrecese ao lector exemplos prcticos do ensino da anlise textual a través do cinema e as artes como estudos de caso metodolxicos que puidesen ser adaptados por outros profesores ou desfrutados por lectores interesados no campo. Quera tamén que houbese multitude de puntos de vista polo que convidei a autores xa consagrados, a académicos nas súas primeiras etapas profesionais e a investigadores con doutoramentos en proceso. A multitude de perspectivas dlle gran valor ao volume e é quizais o que o distingue doutros libros semellantes”, asegura o coordinador do volume, recentemente editado por Cambridge Scholars Publishing.

O cinema, fundamental, pero co texto sempre ao principio de cada interpretacin

Para o editor de dado que o cinema, e as artes no seu conxunto, proporcionan un fértil campo de interese polo que moitos lectores parecen sentirse bastante atrados, “utilizar as artes para ensinar a Shakespeare amosa ser unha arma poderosa para espertar o interese tanto polas propias artes, como pola obra do propio dramaturgo. As súas obras e temas son totalmente actuais. É lido mis que nunca quizais porque se lle ve mis que nunca; esta condicin performativa non debe esquecerse hora de ensinar nas nosas aulas contemporneas as reviravoltas das obras de Shakespeare. Usar o cinema nun mundo tan visual como o noso é fundamental”.

Non obstante, Jorge Luis Bueno considera que o texto est sempre ao principio de cada interpretacin. “A linguaxe é a clave para desentraar a poesa que esconden os textos literarios, polo que entender primeiro o texto daralle ao director e aos interpretes da súa obra o mellor punto de partida para despregar o seu propio uso da linguaxe flmica”, sinala o editor do volume, que non agocha as súas adaptacins cinematogrficas favoritas de obras de Shakespeare. “Pola súa capacidade para conectar a obra cos intereses do noso tempo, Macbeth e Hamlet son dúas lecturas fundamentais, e as versins de Akira Kurosawa e Michael Almereyda son moi potentes para o alumnado. Pero en canto a textos visuais, que seguen triunfando entre o alumnado, a pesar de ser unha pelcula de 1996, o Romeo + Juliet de Buz Luhrmann nunca falla. O tempo pasa pero esta pelcula é atemporal. Isto é o que define aos clsicos”, asegura.

O ensino de Shakespeare e a súa relacin co cinema, a pintura ou os memes

Mara José Álvarez, Manuel Bellmunt-Serrano, Juanjo Bermúdez de Castro, Allison Eudoxia Iglesias Alonso, Ian Matthews, Rocio Moyano-Rejano, Mar Nieves-Fernndez  e Inma Snchez Garca son os e as docentes, académicos e investigadores e investigadoras que achegan os traballos que compoen un volume “que require un lector interesado na disciplina, poéndose o foco en graos e mestrados universitarios ou en seminarios especializados. Os captulos tratan o ensino de Shakespeare e a súa relacin coas artes visuais, desde o cinema pintura, pasando polos memes, o transcultural, o feminismo, e o activismo social”, detalla Jorge Luis Bueno.

Precisamente, varios dos autores e autoras do volume participan nun proxecto de investigacin, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovacin sobre Shakespeare, as artes e o activismo social, que permitiu tecer unha rede de investigacin con integrantes de universidades espaolas, europeas e norteamericanas. “Por iso, anda que haxa cousas adaptables a outros niveles educativos (de feito, eu mesmo levo varios anos visitando centros de secundaria cunha charla formativa sobre a lingua inglesa e o anlise da arte visual), o volume ten en mente un lector con certo grao de especializacin”, sinala o coordinador do volume.