DUVI

Diario da 鶹

Este venres proxectarase a obra de Federico Fellini ‘Oito e medio (8 1/2)’

O cineclub La Barraca remata o curso cun ciclo de pelculas de arte e ensaio e experimental

A asistencia é aberta s persoas interesadas

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Asociacins de Estudantes
  • Cine
  • Cultura
  • Cultura
DUVI Ourense 26/05/2023

O pasado curso académico, por iniciativa de alumnado da Facultade de Historia do campus de Ourense, púxose en marcha o cineclub universitario La Barraca. Desde entn, ten desenvolvido periodicamente diferentes ciclos de cine dedicados a temticas moi diversas. Para rematar este curso 2022/2023, est a levar a cabo un ciclo dedicado ao cinema de arte e ensaio e experimental, ao abeiro do cal este venres se proxectar a obra de Federico Fellini Oito e medio (8 1/2).

O ciclo, que conta coa colaboracin da Facultade de Historia, arrancou o pasado 28 de abril e prolongarase ata o 23 de xuo. Desde entn téense proxectado obras como “a versin heterodoxa” do Evanxeo de San Mateo segundo Pasolini (1964); “unha obra clave do cine mudo” como A paixn de Xoana de Arco, de Carl Theodor Dreyer (1928); a controvertida pelcula dirixida por David Lynch en 2001 Mulholland drive, e Persoa, “a mis crptica e tal vez mellor pelcula de Ingmar Bergman”.

Seguindo esta programacin, este venres, 26 de maio, La Barraca propn “un dos filmes mis destacados e persoais do oscarizado Federico Fellini: Oito e medio (8 1/2), un dos mellores intentos de capturar o complexo fenmeno da inspiracin artstica”. Como cada sesin, ser s 17.00 h, na sala Emilia Pardo Bazn, no soto do Edificio de Ferro, de balde e aberta s persoas interesadas. Tras a proxeccin, abrirase un espazo de reflexin e debate.

A programacin continuar durante o mes de xuo coa proxeccin de O espello, de Andréi Tarkovski (1975), o da 2, e La Jetée (de Chris Marker, 1962) e O home coa cmara (de Dziga Vertov, 1929), o da 9 de xuo. Seguiranlle O esprito da colmea, dirixida por Vctor Erice en 1973, que se poder ver o da 16 de xuo, e Arrebato, de Ivn Zulueta (1979), que se proxectar o venres 23.