Universidade e Concello impulsan o programa ‘Falamos’
Cine, un club de lectura, un curso de cocia e voluntariado para fomentar o uso do galego no campus
A vindeira semana instalaranse mesas informativas nos centros
Potenciar o uso do galego entre o alumnado do campus de Pontevedra, nomeadamente entre aqueles e aquelas que a vindeira semana iniciarn os seus estudos universitarios, é o obxectivo do programa ,promovido pola 鶹 e o Concello de Pontevedra. Entre o martes 22 e o martes 29, instalaranse nas diferentes facultades e escolas uns postos informativos dirixidos a dar a coecer entre o alumnado unha iniciativa que bota a andar con catro actividades, un club de lectura, un curso de cocia, o visionado de pelculas e un proxecto de voluntariado lingüstico.
As actividades foron presentadas en rolda de prensa polo director da Área de Normalizacin Lingüstica da 鶹, Fernando Ramallo, e o concelleiro de Normalizacin Lingüstica, Alberto Oubia. Ambos coincidiron hora de sinalar que a incorporacin universidade constitúe un momento de cambios “que poden levar tamén aparellados cambios de lingua”, como sinalou Oubia. “Cremos que a universidade é un espazo de esperanza, porque é un espazo onde mudan moitas cousas”, engadiu Ramallo, que lembrou un estudo realizado pola 鶹 en 2018, no que, no referido súa lingua habitual, s o 18% das e os estudantes do campus pontevedrés se definan como “monolingües en galego”, fronte a un 64% en casteln. Partindo desa situacin, Falamos formúlase como unha iniciativa “orientada prctica”, a que estudantes castelanfalantes “se incorporen ao galego”. Nese senso, o director da ANL puxo o foco en que “a situacin sociolingüstica do galego se atopa nun dos peores momentos da súa historia”, xa que se ben “o alumnado no sistema educativo aprende galego, non se dan as condicins para que se convertan en falantes”.
De feito, ambos sinalaron existencia de casos nos que alumnado que empregaba o galego de xeito habitual “se desmarca” deste na súa chegada universidade, producndose un efecto de “ocultacin social”, como salientou Oubia. Resultado de meses de traballo conxunto entre a ANL e o Servizo de Normalizacin Lingüstica do Concello, o programa de actividades desta iniciativa dirixida a proporcionar mocidade “ferramentas, actividades, espazos e alternativas de ocio” nos que desenvolverse en galego, xurdiu das propostas realizadas por un grupo de traballo de preto de 15 persoas do que formaban parte tanto estudantado como profesorado do campus. Por outra banda, anda que as actividades foron deseadas con carcter presencial, dada a situacin sanitaria, contémplase tamén a posibilidade de que pasen a desenvolverse a través da rede de ser preciso.
Voluntariado lingüstico
Entre as iniciativas seleccionadas figura unha que, como explicou Ramallo, “funciona noutros lugares de Europea e noutras universidades do estado, particularmente no mbito cataln”, o voluntariado lingüstico. Trtase dunha actividade consistente en reunir un voluntario ou voluntaria que emprega o galego con fluidez na súa vida coti cun “aprendente” que desexa mellorar o seu dominio do idioma ou “mobilizalo, experimentar o seu da a da en galego”. No primeiro dos casos, a iniciativa est aberta tanto ao alumnado, que ter a posibilidade de solicitar o recoecemento de créditos ETCS, como a profesorado e persoal de administracin e servizos, mentres que, no segundo, prevese que poida resultar de interese tanto a estudantes galegos que poderan considerarse “neofalantes potenciais”, como para alumnado doutras partes de Espaa ou do estranxeiro que queira iniciarse na lingua, vez que estar aberta a persoas alleas comunidade universitaria. “Do que se trata é de que se reúnan, unha vez semana e que falen do que lles pete, pero co requisito de que o fagan en galego”, explicou Ramallo.
Cine, libros e cocia
Outra das actividades propostas é un club de lectura, concibido, como explicou Oubia, como “un espazo para conversar, ler libros e comentalos en galego”, que desenvolver as súas reunins unha vez a mes. Infamia, de Ledicia Costas, Vivir sen permiso e outras historias do Oeste, de Manuel Rivas, e O cabo do mundo, de Xabier Quiroga, son os libros programados para as tres primeiras xuntanzas dunha actividade na que os inscritos e inscritos contarn cunha bonificacin hora de mercar los libros nas libraras colaboradoras. Con esa mesma idea de xerar espazos lúdicos e de socializacin en galego, porase en marcha a proxeccin e posterior coloquio de diferentes filmes, “nas que nalgúns casos poderemos traer aos directores e noutros a persoas que poidan falar sobre as pelculas”. Esta actividade levarase a cabo na sede da Vicerreitora, coa colaboracin do Cineclub, e para as primeiras sesins estn programadas Tdalas mulleres que coezo, de Xiana do Teixeiro, Hamada, de Eloy Domnguez Serén, e O que arde, de Oliver Laxe. Por último, impulsarase un curso de cocia, “porque cando te mudas tamén queres aprender a facer receitas”, destacou o concelleiro.
O alumnado interesado en participar nestas actividades, de carcter gratuto, poder inscribirse tanto na web do programa como nas casetas informativasque a partirdo vindeiro martes irn percorrendo as diferentes facultades e escolas.
