Na VI Xornada Falemos de Ciencia en Igualdade celebrada este venres
O CINBIO promove a visibilidade das mulleres cientficas galegas na Wikipedia
Na cita abordouse a fenda de xénero neste eido
Menos do 25% das biografas publicadas en Wikipedia corresponden a mulleres, unha fenda de xénero que se acentúa especialmente no mbito cientfico. Esta foi a premisa arredor da que xurdiu e xirou a sexta edicin da xornada Falemos de Ciencia en Igualdade, organizada polo Centro de Investigacin en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO) e celebrada este venres no espazo Incuvi do campus de Vigo.
A iniciativa enmrcase nas axudas promovidas pola Unidade de Igualdade da 鶹 destinadas a apoiar accins que fomenten a sensibilizacin en materia de xénero e a transmisin de valores igualitarios no mbito académico. Diana Valverde, subdirectora do CINBIO, foi a encargada de dar a benvida s persoas asistentes, resaltando o compromiso do centro coa comunicacin e divulgacin cientfica inclusiva, desde unha perspectiva de xénero. Agradeceu tamén o apoio da Unidade de Igualdade da Universidade, promotora das axudas que fixeron posible o evento, e representada neste acto por Mar Fernndez, técnica superior da mesma.
Pola súa banda, Belén Rubio, vicerreitora de Investigacin da 鶹, felicitou ao CINBIO por esta iniciativa e subliou que a xornada supn “unha importante ferramenta para reflexionar sobre as medidas para alcanzar un dereito fundamental como é a igualdade”. “Para a 鶹 é moi importante a transferencia social do coecemento e do traballo que se fai na Universidade, sobre todo das mulleres, que a historia ten mis esquecidas”, engadiu.
Tres relatorios, un obradoiro e un coloquio
A xornada comezou coa intervencin de Emma Torres, decana e profesora titular da Facultade de dzܲԾ do campus de Pontevedra, da 鶹, co relatorio Mulleres comunicando ciencia. A situacin da comunicacin e a divulgacin cientfica dende a perspectiva da xénero. Na súa exposicin abordou “os puntos de fuga de xénero que se producen do laboratorio ao titular, lembrando que menos do 40% das informacins cientficas citan a mulleres como fonte”.
A continuacin, Isabel Zapico, membro de Wikiesfera, explicou no seu relatorio A visibilidade das mulleres STEM en Wikipedia, que a Wikipedia, un dos sitios web mis visitados, presenta unha marcada desigualdade: menos do 25% das biografas publicadas corresponden a mulleres, sendo a presenza das cientficas anda menor. Xunto a Sabela Cebro, integrante de WikiMorada, impartiu o obradoiro Primeiras recomendacins para editar na Wikipedia, no que as persoas asistentes puideron coecer os primeiros pasos para contribur a esta plataforma. Ademais, Maite Sobrino, de WikiEditoras Lx, explicou o traballo do colectivo portugués, centrado en aumentar a diversidade das narrativas na Wikipedia e incrementar o contido relativo a mulleres cis, persoas trans e non binarias, co obxectivo de promover unha representacin mis inclusiva.
Presentacin do proxecto do CINBIO
Lucas Vzquez, investigador e membro do Comité de RRI, Igualdade e non Discriminacin do CINBIO, presentou o proxecto Mis cientficas galegas na Wikipedia, unha iniciativa deste centro de investigacin que nace coa intencin de visibilizar o labor das mulleres cientficas galegas mediante a creacin e actualizacin de biografas na enciclopedia libre, contribundo as a reducir a fenda de xénero neste espazo dixital.
A xornada rematou cun coloquio no que as tres relatoras analizaron a percepcin social da ciencia e as accins prcticas que promoven a igualdade. “No dilogo final, as preto de 30 persoas asistentes participaron activamente, intercambiando opinins e reflexins coas relatoras nun ambiente distendido e enriquecedor”, sinalan desde a organizacin da actividade.
