Nun traballo liderado polo IEO-CSIC no que colaborou o investigador Alejandro de Carlos
O CIM contribúe identificacin xenética de dúas novas especies de peixe globo en augas galegas
O estudo confirma a expansin cara ao norte de exemplares tpicos de augas tropicais
O Centro de Աپ Maria (CIM) da 鶹 participou nun traballo liderado polo Instituto Espaol de Oceanografa (IEO-CSIC) que documenta dous novos rexistros de peixes globo en augas galegas e alerta sobre a tropicalizacin do mar.
O estudo, no que tamén colaborou o Grupo para o Estudo do Medio Mario (GEMM) e o Aquarium Finisterrae, revisa por primeira vez a diversidade de peixes da orde Tetraodontiformes en Espaa (un grupo que inclúe peixes globo, peixes lúa e peixes porco) e confirma a expansin cara o norte de especies tpicas de augas tropicais debido ao quecemento do océano e progresiva tropicalizacin dos ecosistemas marios.
A investigacin, que acaba de ser publicada na revista Fishes, analiza a distribucin destas especies nas augas espaolas e describe novos rexistros en Galicia do tamboril verde (Sphoeroides pachygaster) e o tamboril de terra (Ephippion guttifer), dous peixes globo pouco frecuentes nesta zona. Os exemplares capturronse fronte Costa da Vela en 2021 e na ra de Pontevedra en 2025, respectivamente.
O papel do CIM na identificacin xenética
O CIM, a través do investigador Alejandro de Carlos, colaborou nesta investigacin realizando a confirmacin xenética dos exemplares mediante 'DNA barcoding'. “Trtase dunha técnica molecular que permite identificar especies biolxicas a partir da anlise da secuencia curta e estandarizada do seu ADN. Funciona de xeito similar aos cdigos de barras dun supermercado: cada especie ten a súa ‘sinatura’ xenética única nun fragmento especfico do seu xenoma que permite distinguila das demais”, explica o investigador do CIM.
Grazas a esta metodoloxa, puido corroborarse a identificacin taxonmica inicial realizada polo persoal do IEO mediante anlises morfolxicas dos exemplares. Segundo Alejandro de Carlos, “hoxe en da practcase o que se coece como taxonoma integradora, de maneira que un espécime identifcase con maior certeza combinando datos de distintas disciplinas, como neste caso a morfoloxa e o ADN. A incorporacin das técnicas moleculares contribuu a mellorar substancialmente as asignacins taxonmicas e, tamén en ictioloxa, constitúe unha ferramenta indispensable”, detalla.
Implicacins e seguimento
Algunhas especies de peixe globo conteen toxinas como a tetrodotoxina, unha das neurotoxinas naturais mis potentes coecidas. Anda que o risco en Espaa é baixo, xa que estas especies non se comercializan e a súa venta est prohibida na Unin Europea, o traballo advirte de que o aumento da súa presenza fai necesario reforzar o seguimento cientfico e a identificacin de especies potencialmente txicas. Para iso, realizouse unha revisin da presenza de tetrodotoxinas neurotxicas e toxinas paralizantes en cada unha das especies listadas, o que proporciona unha visin xeral actualizada dun campo pouco explorado en augas europeas.
O estudo inclúe ademais unha revisin exhaustiva de todas as especies da orde Tetraodontiformes rexistradas en augas espaolas, compilando informacin histrica e actualizada. Ata a data documentronse 26 especies pertencentes a cinco familias no conxunto do territorio espaol, distribudas en 22 especies nas illas Canarias e 15 especies na pennsula ibérica e Baleares.
“A presenza crecente de peixes tetraodontiformes en augas espaolas proporciona unha proba mis da progresiva tropicalizacin do medio mario espaol. Coecer a composicin, a distribucin xeogrfica e a toxicidade potencial das especies é importante para a súa deteccin precoz e alertar poboacin sobre os riscos. Deste xeito, pdense previr problemas de seguridade alimentaria con consecuencias potencialmente graves derivadas do seu consumo accidental”, sinala Rafael Ban, investigador do Centro Oceanogrfico de Vigo do IEO e primeiro autor do estudo.
