Dirixido a fortalecer a cooperacin internacional coas institucins caboverdianas
CIM e Campus do Mar manteen un encontro estratéxico na Ecimat co ministro do Mar de Cabo Verde
Sentronse as bases para futuras accins conxuntas en investigacin e formacin
O Campus do Mar e o Centro de Աپ Maria da 鶹, CIM, reforzan a súa aposta pola internacionalizacin cun encontro estratéxico co ministro do Mar de Cabo Verde, Jorge Santos, xunto con outros representantes institucionais do pas. A xornada, que tivo lugar nas instalacins da Estacin de Ciencias Marias de Toralla, Ecimat, permitiu afondar na cooperacin entre ambas rexins atlnticas e explorar novas sinerxas en formacin e investigacin maria.
A delegacin caboverdiana estivo composta por figuras de gran relevancia no sector mario. Encabezada polo ministro do Mar de Cabo Verde, Jorge Santos, contou ademais coa presenza do embaixador en Espaa de Cabo Verde, Eduardo Jorge Lima; o presidente do Consello Directivo do Instituto do Mar, Albertino Ramos; o presidente do Consello de Administracin de Cabnave, Ivan Funakoshi; o director nacional de Pesca e Acuicultura, Carlos Alberto Mendes; a administradora executiva de Enapor, Eneida Cristina Lima; e a asesora do ministro, Stefanie Dalila Santos.
Por parte da 鶹, a delegacin foi recibida pola vicerreitora de Աپ, Transferencia e Innovacin, Belén Rubio; o director do CIM e do Campus do Mar, Daniel Rey; o director da Ecimat, José Manuel Garca; a decana da Facultade de Ciencias do Mar, Elsa Vzquez, e a coordinadora do Programa de Doutoramento DO*MAR, Ana Bernabeu.
A vicerreitora de Աپ deulles a benvida destacando a importancia do CIM como “parte da Rede Cigus da Xunta de Galicia, o que nos diferencia como centro de excelencia en Galicia” e puxo en valor “o posicionamento do persoal investigador do centro en rankings internacionais como o de Standford”.
Unha cooperacin que vén de longo
Durante a visita afondouse na longa traxectoria de cooperacin existente entre o Campus do Mar e Cabo Verde, a través da que se realizaron proxectos de desenvolvemento, programas de emprendemento e de formacin. A este respecto, o director do Campus do Mar, Daniel Rey, lembrou que “ambas rexins compartimos o mesmo esprito e os mesmos intereses na contorna maria”, ao que engadiu que “para ns é unha boa oportunidade de cara a seguir colaborando”, engadiu.
Ademais, a delegacin tivo a oportunidade de coecer de primeira man as infraestruturas de vangarda en investigacin maria da Ecimat e as principais lias de investigacin e proxectos que se estn a desenvolver no centro.
Pola súa banda, o ministro de Cabo Verde, Jorge Santos, ofreceuse a “fortalecer este tipo de relacins entre ambos pases” e mostrouse interesado por coecer o traballo que se realiza no centro e que “podera ser de aplicacin en Cabo Verde”, pas que definiu como “un santuario de ecosistemas marios”.
Tal e como se indicou tras a xuntanza, este encontro consolida a colaboracin entre o Campus do Mar, o CIM e as institucins de Cabo Verde, sentando as bases para futuras accins conxuntas en investigacin e formacin. Desta forma, estase a reafirmar o compromiso do Campus do Mar e o CIM cunha ciencia maria de alcance global, promovendo alianzas estratéxicas que contribúan ao desenvolvemento sostible do Atlntico.
