DUVI

Diario da 鶹

Coa participacin dunha xuza, varios avogados e unha xornalista especializada

Ciencias Xurdicas e do Traballo organiza unha nova edicin de encontros con profesionais do dereito concursal

Arrancarn o xoves 9 coa intervencin da maxistrada Amelia Pérez Mosteiro

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Charlas e seminarios
  • Estudantado
  • é
D. Besado DUVI 01/10/2025

Xa est todo listo na Facultade de Ciencias Xurdicas e do Traballo para a celebracin a vindeira semana dunha nova edicin dosEncontros con profesionais do dereito concursal, unha actividade pensada para ampliar a formacin do alumnado sobre os concursos de acredores, procedementos xudiciais cada vez mis habituais e sobre os que “falta especializacin”, tal e como explica a profesora da Área de Dereito Mercantil, Sara Louredo, directora do ciclo, ao que engade que a boa acollida que tivo esta actividade o curso pasado os animou a repetir “e agardamos seguir”.

Louredo indica que o dereito concursal é aquel que regula todo o procedemento relativo aos concursos de acredores, aqueles procedementos xudiciais nos que un debedor acode ao xulgado porque non pode facer fronte s súas obrigas: tributarias, de seguridade social, cos traballadores etc. e opta por un procedemento no que ser guiado por un administrador concursal, paralizndose as execucins individuais que cada un dos acredores podera iniciar por separado. “Preténdese buscar certa orde no pago dos créditos e dar apoio aos debedores para que ao final sexa un convenio e non a liquidacin da empresa que, ata agora, é o mis habitual en Espaa”, salienta Louredo, quen salienta a importancia de dar a coecer as sadas profesionais relacionadas con esta rama do Dereito entre o alumnado do centro.

Que é unha declaracin de concurso? Cal é o papel do administrador?

Os encontros arrancarn o vindeiro xoves da 9 s 18.30 horas no saln de graos da facultade coa visita de Amelia Pérez Mosteiro, xuza titular do Xulgado do Mercantil nº3 de Vigo, que dar unha visin xeral do proceso xudicial do concurso de acredores. Encargarase de presentala Sara Louredo, quen salienta que a xuza Pérez Mosteiro xa asistiu aos encontros en 2024, ofrecendo unha charla “realmente prctica e enriquecedora, ofrecendo unha perspectiva realista e sinxela para os estudantes”, polo que, de novo, “apostamos por ela para ofrecer ese primeiro panorama xeral do que é o procedemento”.

O segundo encontro ser o xoves 23, tamén s 18.30 h., e centrarase na declaracin de concurso. Farase da man de Christian Herrera Petrus, avogado do ICAB -Ilustre Colegio de Abogados de Barcelona- e administrador concursal. Tomaralle o relevo, o xoves 13 de novembro, Marta Lpez Lpez, avogada en ADV Grupo, que se centrar no papel do administrador concursal.

O ciclo rematar o xoves 27 de novembro cun encontro coa xornalista de Faro de Vigo Lara Graa Prieto, quen botar unha ollada xornalstica a este tipo de procesos.

Inscricin de balde

Pensado especificamente para o estudantado da facultade, pero aberto participacin de calquera persoa interesada, a inscricin é gratuta e pode realizarse enviando un correo electrnico a anamaria.aido@uvigo.gal