Cun ciclo de actividades dirixidas a ‘Garantir a igualdade’
Ciencias Xurdicas e do Traballo estende a todo marzo a celebracin do 8M
Inclúe un obradoiro sobre protocolos e recursos ante situacins de acoso sexual e por razn de sexo
. Este é o lema elixido pola Facultade de Ciencias Xurdicas e do Traballo para o ciclo de actividades organizadas desde o centro con motivo do 8M, o Da Internacional da Muller, todo un conxunto de iniciativas nas que se combina a perspectiva institucional, coa da academia e a dos axentes sociais e que se prolongarn desde o 12 ata o 20 de marzo.
“Trtase de aproveitar o 8M para darlle visibilidade a esta realidade e fomentar as o debate xurdico desde diferentes prismas ao longo do mes de marzo”, explica a profesora Rosa Rodrguez Martn-Retortillo, coordinadora da Aula de Formacin Legal da facultade e codirectora das xornadas xunto a Blanca Otero, responsable de Igualdade do centro.
Do papel das institucins como garantes de igualdade...
O ciclo arrancar este mesmo mércores s 12.30 horas cunha mesa redonda na que se analizar o papel das institucins como garantes de igualdade. Para facelo contarase coa participacin da Valedora do Pobo de Galicia, Mara Dolores Fernndez; a decana do Colexio de Avogaca de Vigo, Lourdes Carballo; a directora xeral de Promocin de Igualdade, Mara Quintiana, e a vicepresidenta 2ª da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Graduados/as Sociais de Pontevedra, Sandra Cid.
... ao rol desempeado por sindicatos e empresas
As actividades continuarn o luns 17, s 16.30 h., cun seminario centrado nos Plans de Igualdade. O debate contar coa participacin dos principais sindicatos con representacin en Galicia -CCOO, UGT e CIG-; a Confederacin de Empresarios de Galicia e a propia Universidade, neste caso, da man das docentes da Área de Dereito do Traballo e da Seguridade Social Emma Rodrguez, que intervir como poente, e Rosa Rodrguez, que se encargar de moderar.
O ciclo rematar o xoves 20 co obradoiro sobre protocolos e recursos antes situacins de acoso sexual e acoso por razn de sexo, que ser impartido pola directora da Unidade de Igualdade, Yolanda Rodrguez.
