DUVI

Diario da 鶹

Co gallo do Da Internacional dos Museos, co lema nesta edicin de Museos, sostibilidade e benestar

Un cidade de vivendas de cartn para reflexionar sobre urbanismo, arquitectura, desigualdade e exclusin residencial

O profesor Ignacio Pérez-Jofre coordina un taller no Marco que dura ata o 8 de xuo

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Cultura
  • Feiras e exposicins
  • Cultura
M. Del Ro DUVI 29/05/2023

Neste ano 2023, o Da Internacional dos Museos ten como lema Museos, sostibilidade e benestar. Estes tres conceptos son tamén a base do proxecto Casas de Cartn, un obradoiro de material reciclado que organiza o museo Marco de Vigo e coordina o profesor do Departamento de Pintura da 鶹, Ignacio Pérez-Jofre.

O taller, promovido polas ONG Emaús e Provivienda, arrancou o pasado 18 de maio, precisamente o Da Internacional dos Museo, e esténdese ata o vindeiro 8 de xuo aberto participacin de calquera persoa, colectivo ou asociacin, individualmente ou en grupo, sempre previa inscricin.

Trtase dunha iniciativa de creacin colectiva na que, a través dunha serie de talleres nos que participan persoas interesadas, colectivos, asociacins e grupos de escolares, “construiremos casas a partir de pezas de cartn, coas que posteriormente montaremos unha grande instalacin na rúa”, explica Pérez-Jofre. A finalidade é incentivar unha reflexin sobre as implicacins metafricas derivadas da unin dun material como o cartn e un motivo, neste caso as casas, e a capacidade de xerar un pensamento visual crtico sobre urbanismo, arquitectura, desigualdade e exclusin residencial.

Como explica o seu impulsor, o proxecto Casas de Cartn sitúase no propio núcleo do lema elixido polo ICOM para esta edicin 2023 do Da dos Museos, Museos, sostibilidade e benestar e é as tanto polo material elixido como polos seus contidos e connotacins simblicas, polos seus obxectivos e pola metodoloxa. Ademais, esta proposta xa tivo unha experiencia piloto o pasado ano no local de Emaús e como culminacin realizouse unha mostra pública na Ronda de Don Bosco, en Vigo.

De balde, previa inscricin

O taller é de balde e desenvlvese os xoves e venres de 18.00 a 20.00 horas na galera B3 do museo Marco conducido polo propio Pérez-Jofre coa colaboracin de Julio Cataln, Álex Fuertes, Gloria Lorenzo e Marta Regojo. A inscricin debe realizarse en participa@emaus.com e tamén existe a posibilidade de realizar visitar para grupos de escolares a partir de 3 anos de martes a venres, de 10.00 a 11.30 e de 11.30 a 13.00 hora para o que é preciso solicitar unha cita previa cita en comunicacion@marcovigo.com