A cita celébrase na Facultade de Dereito do campus
O ciclo 'Pensar o cinema' propn o debate arredor da representacin audiovisual das mulleres como bonecas
Nas súas sesins mestúranse proxeccins, intervencin de especialistas e debate
A XIV edicin do curso Pensar o cinema xa est en marcha. Como cada ano, a iniciativa, que se celebra na Facultade de Dereito do campus de Ourense e a través do Campus Remoto da 鶹, mestura proxeccins, intervencin de especialistas e debate arredor dun tema de actualidade e controversia. Nesta ocasin, pon o foco na representacin audiovisual das mulleres como bonecas.
A direccin académica da actividade corre a cargo do seu promotor e responsable, o catedrtico de Filosofa do Dereito da 鶹 Pablo Bonorino, e a coordinacin recae en Claudia Robles e Teresa Roa. Polo que respecta ao seu financiamento, conta co apoio da Facultade de Dereito, a Unidade de Igualdade da 鶹, a Xunta de Galicia e e AGAF. “As xornadas desenvlvense desde xa fai mis dunha década como un ciclo de cine, anlise e debate”, explica Pablo Bonorino. Ano tras ano, nelas as e os futuros xuristas que se forman no campus de Ourense asmase a diferentes problemticas que se abordan desde unha perspectiva crtica. En numerosas edicins teen sido protagonistas deste ciclo problemticas relacionadas coa cuestin de xénero, sexualidade e igualdade, como a violencia contra as mulleres ou a prostitucin.
De Air Doll a Barbie
Nesta edicin, indica o seu responsable, “proxectaranse filmes relacionados coa temtica da representacin das mulleres como bonecas no cine, cuestin que ten suscitado un renovado interese polo éxito obtido pola pelcula Barbie”. Concretamente son dúas as obras elixidas. A primeira é Air Doll (2009), do director Koreeda Hirokazu. Trtase, explican desde a organizacin da actividade, dunha pelcula de animacin baseada nun manga que narra a vida dunha boneca sexual que cobra vida e comeza a explorar o mundo que lle rodea. O filme, detallan, explora “a vida urbana e as practicas patriarcais a través dos pensamentos e sentimentos da protagonista”.
A segunda das pezas elixidas é Superstar: The Karen Carpenter Story (1988), do director Todd Haynes. Esta pelcula semi-documental, indican desde a organizacin do ciclo, aborda o ascenso da cantante Karen Carpenter (do coecido dúo The Carpenters), a súa loita coa anorexia e a súa morte prematura en 1983. “A súa peculiaridade reside en que todas as partes nas que non se utiliza material de arquivo foron realizadas con bonecas Barbies en lugar de actores, para denunciar a deshumanizacin e abusos aos que foi sometida a protagonista”.
A programacin deste ano arrancou o pasado 18 de outubro cunha sesin centrada en Air Doll e continuar o da 25 con outra dedicada a Superstar: The Karen Carpenter Story. Como peche, o 7 de novembro celebrarase unha xornada na que Mara Concepcin Gimeno (Universidad de Len) falar sobre Airdoll. Bonecas sexuais e imaxes da muller e Marta Len Alonso (Universidad de Salamanca) sobre Superstar: The Karen Carpenter Story. A boneca como ideal feminino. Seguiralle unha mesa redonda na que se debater sobre se Barbie é unha pelcula feminista ou non, participando, ademais das convidadas, Mara Lameiras e Xosé Manuel Pacho (鶹) e José Antonio Sendn (Universidad de Salamanca).
