DUVI

Diario da 鶹

Inseridos na programacin do 25 aniversario de Ciencias da Educacin e do Deporte

Un ciclo de obradoiros reivindica a creatividade como o motor dun ensino transformador

Con propostas centradas na literatura, a música e a arte

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Charlas e seminarios
  • Cultura
  • Estudantado
  • é
DUVI Pontevedra 08/04/2025

'Crear para transformar' é o ttulo do ciclo de obradoiros que nestes das buscan achegar o alumnado da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte unha serie de experiencias que fomenten a innovacin pedagxica, a creatividade e o pensamento crtico. Inseridos nas actividades conmemorativas do 25 aniversario deste centro, entre este luns 7 e o mércores 9 teen lugar catro talleres que permiten o estudantado coecer iniciativas de transformacin de espazos pedagxicos, animacin lectura, composicin musical e creacin de instrumentos.

Coordinado polas profesoras Eulalia Agrelo, Begoa Paz e Sara Martnez Lloria, trtase dunha iniciativa que, a través de “propostas conducidas por profesionais e entidades de referencia”, busca levar o alumnado a “explorar camios posibles para unha educacin transformadora, comprometida e conectada coa realidade social”. Nese senso, o obxectivo, sinala Agrelo, é dar continuidade a este ciclo e que poida converterse “nun punto de partida para o deseo de prcticas docentes inspiradoras, capaces de propiciar unha formacin interdisciplinar e humanista, na que a creatividade actúe como motor esencial do cambio educativo e social”.

De como organizar un contacontos como crear instrumentos

A programacin deste ciclo botou a andar este luns cunha sesin dirixida a achegar o alumnado “estratexias e dinmicas para promover a lectura literaria desde as aulas de educacin infantil”, apunta Agrelo, a partir da traxectoria da editorial Kalandraka. Impartido por Xosé Pérez e a egresada da facultade Zeltia Pino, esta actividade arrancou cunha presentacin deste proxecto editorial, para logo pr o foco nas “posibilidades da narracin oral como potente ferramenta comunicativa que serve para achegar os libros e a lectura, pero que cumpre outros moitos obxectivos”. Con ese propsito, Pérez e Pino trazaron un percorrido polo catlogo desta editorial, para logo deterse na importancia de “escoller o espazo e o momento” para programar actividades de contacontos nun centro educativo, as como no xeito de preparalas. Esta sesin permitiu ademais afondar nas posibilidades do lbum ilustrado “como punto de partida para o traballo na escola” e coecer “experiencias de creacin literaria” que tomaban como punto de partida diferentes obras.

Tamén o luns, a facultade acolleu un obradoiro de construcin de instrumentos infants, impartido polo luthier Oli Xirldez, que permitiu o alumnado coecer diferentes instrumentos do “repertorio tradicional galego”, as como aprender a construr “enredos sonoros” e abordar a implantacin deste tipo de materiais nas aulas.

Estratexias para transformar as aulas

A programacin continúa este martes cun obradoiro sobre o deseo de propostas e ambientes pedagxicos, impartido por Patricia G. Abran, integrante do proxecto de investigacin e innovacin pedagxica Createctura, impulsado pola asociacin ILER, con sede en Cantabria. Dirixido a afondar co alumnado na posibilidade de crear “ambientes pedagxicos para a curiosidade”, o taller arrancou precisamente amosando s e aos participantes a transformacin realizada previamente por esta deseadora de interiores do propio laboratorio de innovacin docente da facultade. “O que nos interesa é que vexan que hai outras maneiras de facer e outras posibilidades, tanto na estrutura como na distribucin dos espazos”, salienta Abran, que con esta iniciativa buscou amosarlles que “unha aula pode ser algo distinto” e converterse nun espazo “onde se atende s necesidades diversas” do alumnado. 

Abran presentou tamén as bases dun proxecto que achega “estratexias e ferramentas de deseo aos docentes”, para logo convidar s persoas participantes a desear as súas propias propostas de transformacin, empregando unha serie de materiais de refugallo, cos que desear propostas de intervencin que poidan “resultar interesantes e significativas para ao alumnado”, conectndoas súa vez coas competencias recollidas nos currculos.

A programacin deste ciclo péchase este mércores co obradoiro 'Improvisamos', que propn unha aproximacin ao soundpainting, “unha linguaxe de signos aplicada composicin en tempo real”, da man de Xacobe Martnez Antelo, cuxa traxectoria como baixista, contrabaixista ou director musical levouno a participar na gravacin de mis de 40 discos. Neste caso, este músico e activista cultural buscar iniciar o alumnado nunha linguaxe dirixida a “compor ao vivo pezas improvisadas multidisciplinariamente e de xeito colectivo”, que engloba “calquera tipo de expresin artstica”, desde o movemento e as artes plsticas e visuais, ata o teatro ou a literatura.