DUVI

Diario da 鶹

A rede Aqua-Cibus organizou unha xornada con profesores da Universidad Catlica del Norte

De Chile a Ourense para potenciar a investigacin en acuicultura

As intervencins estiveron centradas en biotoxinas e algas

Etiquetas
  • Medios
  • PDI
  • Ourense
  • Congresos e xornadas
  • Medio Ambiente
  • Աپ
Rosa Tedn DUVI Ourense 30/10/2018

Este martes a Facultade de Ciencias do campus de Ourense acolleu a primeira xornada que este curso académico organiza a rede Aqua-Cibus, liderada desde este centro polo catedrtico Jesús Simal. Dous profesores da Universidad Catlica del Norte, de Coquimbo, Chile, explicaron o traballo que realizan no eido da acuicultura, sector no que o seu pas est entre os principais produtores mundiais, co obxectivo de fomentar a colaboracin no eido da investigacin.

A rede Aqua-Cibus, que celebrou recentemente o seu primeiro aniversario, xurdiu ao abeiro do Programa Iberoamericano de Ciencia y Tecnologa para el Desarrollo, Cyted, e céntrase primordialmente na optimizacin dos sistemas de producin en acuicultura; a busca do benestar animal co desenvolvemento de alternativas nutricionais e reducin de antimicrobins; o aumento da producin sen danar ou alterar o medio ambiente e a obtencin de produtos de calidade. A rede implementouse arredor de grupos de investigacin, organismos públicos de investigacin e empresas de Espaa, Portugal, Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile, Costa Rica, Ecuador e Perú, entre os que estn tanto a 鶹 como a Universidad Catlica del Norte de Chile.

Loita contra as biotoxinas

A xornada celebrada no campus arrancou coa participacin do profesor da Universidad Catlica del Norte Gonzalo Álvarez, do seu Laboratorio de Fitoplancton, que falou de biotoxinas de orixe fitoplanctnico e do seu impacto tanto na acuicultura, especialmente no cultivo da vieira, como na explotacin de moluscos no norte de Chile, principalmente por parte de pescadores artesns. Gonzalo Álvarez explicou como grazas ao traballo realizado nos últimos dez anos desde o seu laboratorio se rachou coa idea que haba en Chile de que as principais zonas afectadas polas biotoxinas de orixe fitoplanctnico estaban no sur austral. Grazas investigacin realizada, apuntou, saben agora que tamén no norte “temos todos os grupos de toxinas, sendo no noso caso a mis importante a toxina amnésica, que xeralmente xera o peche e problemas economa local”. Tendo en conta esta presenza, durante a súa intervencin o profesor tamén falou de “procesos industriais que se poderan usar para tratar de reducir un pouco a toxicidade dos moluscos” e de estudos de cinética para establecer o tempo de depuracin ou de toxificacin das toxinas.

Gonzalo Álvarez explicou ao público asistente como “a acuicultura é moi relevante no noso pas, sendo un dos principais produtores mundiais de produtos acucolas”. Como exemplo desta relevancia e ao mesmo tempo da importancia da investigacin neste eido, o profesor lembrou como antes de ter problemas coas toxinas de orixe fitoplanctnico, o seu pas era o terceiro produtor mundial de vieiras, xunto a Xapn e China. Chile, recalcou, dispoe de mis de 4000 quilmetros de costa litoral, cifra que se multiplica se se ten en conta a costa das illas e que en conxunto supoen “moito espazo dispoible para o desenvolvemento da acuicultura”. Neste contexto, o experto apuntou que coa súa participacin na rede Aqua-Cibus e nas xornadas celebradas este martes en Ourense, o seu laboratorio busca “formar parte dunha rede, dun grupo mis grande que nos permita xerar interaccin con persoas e entidades” que contribúa ao desenvolvemento deste sector desde o eido da investigacin.

O potencial das algas

A segunda das conferencias foi a de Michael Marcelo Araya, do Centro de Աپ y Desarrollo Tecnolgico en Algas y Otros Recursos Biolgicos (CIDTA), que falou da investigacin en macro e micro algas. Este profesor amosou as lias de investigacin e o equipamento que teen no seu centro co obxectivo de “ver futuras colaboracins coa xente desta Universidade”. No seu centro, apuntou, “basicamente o que facemos é caracterizar quimicamente as algas para darlle valor agregado e formular bioprodutos”. Salientando a relevancia econmica deste sector na rexin de Coquimbo, Michael Marcelo Araya explicou ao público presente como a investigacin neste eido pretende dar resposta demanda dos pases compradores deste produto, que, recalcou, “xa saben moi ben que tipo de alga queren e en que estacin”. A investigacin, sinalou o experto, “prender darlle s algas o valor que lle corresponde”.

Sobre a participacin do seu centro na rede liderada desde a 鶹, Michael Marcelo Araya apuntou como as súas expectativas se centran nunha primeira fase no desenvolvemento de oportunidades de intercambio de estudantes e investigadores con capacidades no eido da anlise, co obxectivo seguinte de “xerar investigacin”.