DUVI

Diario da 鶹

Un seminario reuniu diferentes representantes públicos en CCSS e da dzܲԾ

Catro visins sobre como enfrontar retos globais desde os gobernos locais

A actividade puxo o foco nos efectos da globalizacin e a crise nas administracins municipais

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Pontevedra
  • Congresos e xornadas
  • Democracia
  • é
Eduardo Muiz DUVI Pontevedra 10/12/2019

Abordar como as administracins locais tiveron que facer frontea retos como a globalizacin ou a crise econmica era o obxecto do seminario que este martes reuniu catro representantes de diferentesadministracins municipais na Facultade de Ciencias Sociais e da dzܲԾ. Coordinado polos docentes da Área de Ciencia Poltica e da Administracin-Observatorio da Gobernanza Paula Lamoso e Álvaro Xosé Lpez Mira e dirixido principalmente ao alumnado da materia Gobernos locais do grao en Direccin e Xestin Pública, esta actividade contou coas intervencins do alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela,a tenente de alcalde do Concello de Pontevedra Anabel Gulas, a edil no Concello de Vilagarca de Arousa Alba Briones,e o deputado provincial Carlos Lpez Font.

A fusin voluntaria de municipios, os mecanismos de participacin cidad, o papel e funcins das deputacins provinciais e o modelo urbano foron os eixos das intervencins das e os protagonistas dunha actividade que buscaba “”conectar a docencia coa investigacin e a transferencia sociedade que nos é mis prxima”, como salientou Lpez Mira. Gobernos locais para retos globais era o ttulo dun seminario que, como explicou Lamoso, incidiu en como ademais depara responder “s necesidades dos cidadns” e prestar “os seus servizos dun xeito mis eficaz”, as administracins municipais deben adaptarse a súa contorna. Nese senso, Lamoso apuntou s dúas cuestins “que tiveron unha incidencia mis forte na xestin pública local”; os efectos da globalizacin, “dun mundo mis aberto e interconectado” e a “grave crise econmica que sufrimos desde 2008”.

Do papel das deputacins fusin de concellos

“A única administracin real é a local, aquela que os cidadns chaman porta”. Deste xeito abriu Carlos Lpez Font, deputado de Réxime Interior, Economa, Facenda e Novas Tecnoloxas unha intervencin na que buscou pr en valor o labor das institucins provinciais a través das principais lias de actuacin da Deputacin de Pontevedra. “O debate sobre o papel ou a desaparicin das deputacins é un debate totalmente aparcado”, defendeu Lpez Font, que afondou no traballo levado a cabo pola institucin provincial nos eidos da igualdade, a transicin ecolxica ou o emprego, as como no apoio e transferencia de fondos aos concellos, “que estn soportando economicamente servizos que non deberan de corresponderlles”.

Dar a coecer as causas e resultados da fusin voluntaria dos municipios de Cerdedo e Cotobade foi o propsito da intervencin de Jorge Cubela. O rexedor apuntou perda de poboacin, ao seu envellecemento e a reducin dos recursos econmicos, “porque o noso financiamento depende en boa parte do número de vecios censados”, como as motivacins, xunto cos incentivos s fusins, dun “proceso administrativo que co paso de tempo ten que dar lugar a unha unin social”. Respecto aos resultados, Cubela apuntou que a fusin permitiu ao novo concello “subir categora de municipios de mis de 5000 habitantes, o que desde o punto de vista das transferencias é fundamental”, as como “aoptimizacin dos servizos municipais mis custosos”.

Da ‘canteira’ do grao ao modelo de Pontevedra

Ademais de alcalde, Cubela é alumno de Direccin e Xestin Pública, grao do que é egresada Alba Briones, concelleira de Promocin Econmica, Emprego e Xuventude en Vilagarca de Arousa. De a que na súa intervencin puxese sobre a mesa unha serie de conceptos que se abordan nesta titulacin para amosar ao alumnado como teen “unha aplicacin bastante habitual” na xestin municipal. Briones centrouse as mesmo nas diferentes canles de participacin cidad, “tanto por medios electrnicos como a través das citas que os concelleiros e concelleiras temos no da a da”, xunto con iniciativas “como consellos locais e mesas de dilogo”, co propsito de pr de relevo “que a idea de goberno aberto é hoxe en da moi importante”.

Na última das intervencins, a responsable de Promocin da Cidade, Réxime Interior e Contratacin no Concello de Pontevedra, Anabel Gulas, fixo balance do desenvolvemento do modelo urbano nesta cidade, froito, defendeu “dun proxecto poltico”. Gulas incidiu en como este modelo buscaba “que as persoas sexan iguais no espazo público”, vez que contribuu ao aumento da mobilidade peonil,a reducin das emisin de CO2 e das mortes por atropelos e “creacin dunha marca cidade”. Nese senso, a concelleira defendeu “a poltica como ferramenta de cambio” e avogou pola “translacin da teora praxe”, criticando nese senso que, desde as administracins, “s veces pasamos mis tempo facendo plans que actuando politicamente”.