DUVI

Diario da 鶹

O campus foi unha das nove sedes desta conmemoracin

Catro horas de radio e tradicin oral para festexar 30 anos de Ponte…nas ondas!

Participaron oito centros de diferentes etapas educativas

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • Institucional
DUVI Ourense 26/03/2025

O campus de Ourense foi unha das noves sedes de Galicia e do norte de Portugal nas que este mércores se celebrou o 30 aniversario da Asociacin Cultural e Pedagxica Ponte…nas ondas! Foi cun maratn de radio no que participaron oito centros de diferentes etapas educativas e nos que os grandes protagonistas foron a tradicin oral, a interculturalidade e a interxeracionalidade.

Ao igual que no edificio Miralles do campus de Vigo, o saln de actos Marie Curie do edificio Politécnico do campus de Ourense acolleu de 10.00 a 14.00 h o desenvolvemento da retransmisin radiofnica, que asistiron Francisco Javier Rodrguez, vicerreitor do campus de Ourense; Xosé Manuel Cid, profesor da Facultade de Educacin e Traballo Social en representacin de Ponte…nas ondas!; Tamara Silva, concelleira de Educacin de Ourense, e Isabel Mocio, decana da Facultade de Educacin e Traballo Social de Ourense.

Na emisin, guiada por Nuria Diéguez, participou alumnado dos CEIP Mestre Vide, Ben Cho Shey e O Castieiro de Laza; do CPI Virxe da Saleta de Cea; do IES As Lagoas; do CIFP Portovello; do centro de formacin para adultos EPAPU e da Facultade de Educacin e Traballo Social. Elas e eles cantaron, recitaron, tocaron diferentes instrumentos musicais, narraron, entrevistaron a portadores da tradicin oral... e convertéronse elas e eles mesmos en transmisores da cultura inmaterial galega. Tamén actuaron Cé Orquestra Pantasma e o Mago Teto e non faltou unha conversa entre Xico Paradelo e Isaac Alonso Estravis. Esta retransmisión “radiovisual”, con realizacin de 鶹TV, puido seguirse en directo desde a web de PNO! e o portal Escolas nas ondas e houbo conexins por parte de diferentes emisoras.