Ciencias Empresariais e Turismo entrega os galardns do seu concurso fotogrfico co gallo do 8M
Catro fotografas para reivindicar a “muller actual” e a igualdade
As 21 imaxes presentadas estn expostas no centro
Con motivo do 8 de marzo, Da Internacional da Muller, a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense puxo en marcha o concurso fotogrfico A muller de hoxe, no que convidaba a presentar propostas sobre “a muller actual, a que traballa na casa e fra dela, a que dirixe unha empresa e tamén unha familia”. As 21 imaxes presentadas estn expostas desde hai un mes no centro e o público, co seu voto, puido elixir as obras gaadoras.
As e os galardoados recibiron esta semana o seu premio, un teléfono intelixente, de mans da decana e da vicedecana de Calidade da facultade, Montserrat Cruz e Vanessa Surez respectivamente, destacando a súa satisfaccin pola acollida da iniciativa. “É a primeira vez que se realiza e a resposta do alumnado foi mellor do agardado. A iniciativa gustou moito e motivou a dar ideas para levar a cabo outras actividades semellantes no centro”, indican.
O primeiro premio foi para Pilar Araújo pola fotografa Portadoras das tradicins. Nela vese a mulleres levando o peso dun carro cunha imaxe da virxe dos Remedios na montaa do Castro da Aldea, en Vilar Maior da Boullosa (Baltar), intentado representar “cantas veces o peso recae sobre a muller... e grazas a elas continúanse moitas costumes e tradicins”. A segunda foto mis votada foi a de Pablo Gonzlez, titulada Un s de muller, na que retrata “a carta mis importante da familia, a súa nai”. Xa en terceiro posto quedou Ignacio Lema con A muller de hoxe traballadora, na que quixo reflectir “a muller independente, empresaria, sempre en movemento, a peza mis importante da familia e a súa esposa”. Por último quedou en cuarto lugar a fotografa Salvadoras, de Raquel Bruna Gonzaga, na que retrata unha muller adulta con sndrome de Down para reivindicar que estas mulleres con diversidade “ao longo das súas vidas algunhas das cousas mis significantes que nos teen que ofrecer son inocencia, pureza, amor e alegra. Virtudes que teen un impacto significativo na vida das persoas, poden rescatar vidas ao proporcionar consolo, inspiracin e comprensin”.
