Cunha conferencia do director do Real Observatorio da Armada, Francisco Javier Galindo
A Ctedra Álvarez-Ossorio inicia un novo curso mirando cara os ceos
Fundada hai 25 anos, promove actividades cientficas, culturais e de divulgacin
Fundada en 1994, hai 25 anos, a Ctedra Almirante Álvarez-Ossorio, que promoven conxuntamente a 鶹 e a Escola Naval Militar, celebrou na tarde deste xoves o inicio dun novo curso académico e do seu ciclo de conferencias poendo a mirada no ceo e nas estrelas. Fxoo a través do relatorio no que o director do Real Observatorio da Armada, Francisco Javier Galindo, abordou a historia e os mbitos de traballo deste instituto fundado en 1753. No acto inaugural deste novo curso, celebrado na Escola Naval,o comandante director da ENM, o capitn de navo Ignacio Cuartero, e o vicerreitor do campus, Jorge Soto, que foi nomeado novo director da ctedra, puxeronde relevo a importancia deste rgano de relacin, que no presente curso combinar o seu ciclo de conferenciascon actividades de investigacin, culturais e deportivas.
25 anos de traxectoria
Na apertura do acto, Cuartero rememorou tanto a traxectoria do militar ao que a ctedra debe o seu nome, o almirante Manuel Álvarez-Ossorio,como da propia da ctedra, impulsada en 1994 a raz dun convenio entre a 鶹 e o Ministerio de Defensa, como “marco de intercambio e cooperacin”entre a institucin académica e a desaparecida Escola de Transmisins e Electrnica da Armada. Un segundo convenio, asinado en 2002, deu continuidade a este “rgano de relacin institucional para temas culturais, cientficos, humansticos e de interese común”, xa entre a Universidade e a Escola Naval Militar.Un dos obxectivos da ctedra, lembrou Cuartero,era “facilitar a integracin da ensinanza militar no sistema educativo xeral do Estado”. Na actualidade,“esa integracin é xa completa grazas ao Centro Universitario de Defensa, adscrito 鶹”, lembrou o director da ENM, que, non obstante incidiu en que “a ctedra segue sendo fundamental para a colaboracin entre ambas institucins”.
Nesa mesma lia, Jorge Soto subliou que Universidade e ENM coinciden na idea que “s a través do coecemento podemos mellorar ambas institucins”, vez que lembrou que o pasado foi un curso "cheo de actividades e de propostas de colaboracin”, noque “traballamos desde a investigacin, a cultura, o deporte” para que esta fose “unha ctedra de referencia”. Con respecto ao presentecurso, Cuartero sinalou que se levar a cabo un novo ciclo de conferencias, no que buscouse "a diversidade de temas”, pero tamén outra serie de iniciativas. “Continuaremos co intercambio de profesores e alumnos de ambas institucins e trataremos de amplialo a novas reas de coecementos”, salientou o director da ENM, que lembrou o bautismo de mar levado a cabo o 7 de novembro coa participacin de alumnado e persoal docente da Universidade. Cuartero anunciou as mesmo que o vindeiro cuadrimestre programaranse actividades deportivas e continuarase desenvolvendo un proxecto de investigacin, coordinado polo grupo HealthyFit, da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte, que ten como base “o estudo das probas fsicas que desenvolven os alumnos da ensinanza militar”.
Do apoio navegacin ao seu papel na carreira espacial
Creado en 1753 en San Fernando (Cdiz), o Real Instituto da Armada foi o eixo da primeira conferencia deste curso, na que o capitn de navo Francisco Javier Galindo puxo de relevo a traxectoria dun instituto “que despois de mis de 265 anos segue sendo un referente, con transcendencia internacional”. Impulsado pola Armada co propsito de promover a astronoma como unha disciplina que permitira“navegar en alta mar a través da observacin das estrelas”, o observatorio foi “precursor do sistema costeiro meteorolxico”, tomou parte na carreira espacial e publica desde 1970 o Almanaque nutico, “a publicacin mis antiga en lingua castel e a cuarta do mundo”, lembrou Galindo.
No seu percorrido polas diferentes seccins deste organismo, o director do observatorio abordou fitos como que este fose seleccionado, en 1958 “en plena carreira espacial”, para acoller unha das doce estacins que os Estados Unidos instalaron en diferente puntos do mundo, a Cmara Baker-Nunn, “que foi capaz de seguir satélites, tanto dos americanos como dos rusos”. Décadas despois, unha versin “automatizada e robotizada” deste sistema, o TFRM, é empregadopara “seguir o lixo espacial con medio pticos”, explicou Galindo, que incidiu en que os milleiros de partculas en rbita supoen unha “ importante vulnerabilidade” para os preto de 2000 satélites activos na actualidade e dos que “depende toda a sociedade tecnificada”.
