O equipo perdeu o domingo por un axustado marcador de 22 a 23
O Campus Universitario Ourense roza a vitoria contra o Getxo RT
En fútbol gaélico continúa a preparacin para o inicio da liga
O Campus Universitario Ourense de rugby afrontou esta fin de semana o seu segundo partido de liga na Divisin de Honra B do rugby estatal. Foi nas instalacins deportivas do campus contra o Getxo RT, que ven de descender da mxima categora e é un dos candidatos ao ascenso. Os ourensns amosaron o seu bo estado de xogo neste inicio de liga perdendo o encontro por un axustado marcador de 22 a 23.
Nunha ma de moita calor e coas baixas importantes por lesin de Justin, Abraham e Tu’uta, os ourensns enfrontaron un partido “moi disputado” no que “ambos equipos traballaron moito para evitar a derrota”. As, cando faltaban apenas dez minutos para finalizar o encontro, o partido estaba en tboas cun empate a 20. “Ambos equipos estaban defendendo con uas e dentes ata que o Campus comete un golpe de castigo, Guille recibe tarxeta amarela e o apertura visitante non o desaproveita”, sinalan desde o club. Segundo destacan desde a entidade, a derrota foi “unha pena” pero, por outra parte, sublian, o encontro deixou patente que “non hai inimigo pequeno e, ademais, a liga acaba de empezar, quedan moitas xornadas e isto s é principio. A seguir traballando duro e a mellorar”.
Antes do inicio do partido, o Campus Universitario Ourense de rugby quixo render homenaxe ao recentemente falecido Paco Cordeiro, entregando un ramo de flores aos membros da súa familia presentes e gardando un minuto de silencio na súa lembranza. No acto tamén estivo Marta Mguez, secretaria xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
Quecendo motores para a liga de fútbol gaélico
Tamén o domingo pero xa pola tarde, o campo de fútbol-rugby do campus de Ourense acolleu encontros amigables de fútbol gaélico. A categora masculina do Auriense Gaels recibiu a visita dun dos equipos debutantes na liga galega, o Turonia de Gondomar, sendo o marcador final Auriense 26 (04-16) - Turonia 7 (00-07). A categora feminina xogou contra “o renovado equipo do Keltoi de Vigo”, decantndose finalmente a vitoria polo equipo visitante.
