DUVI

Diario da 鶹

Nun acto que tivo lugar este xoves na Facultade de Educacin e Traballo Social

O campus súmase celebracin das Letras Galegas reivindicando a transmisin oral interxeracional

Na homenaxe destacouse o papel de cantareiras, pandeireteiras e regueifeiras

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • Lingua Galega
  • ú
  • Cultura
DUVI Ourense 08/05/2025

Este ano a Real Academia Galega acordou dedicar o Da das Letras Galegas, o 17 de maio, poesa popular oral. Sumndose a esta homenaxe, o campus de Ourense celebrou este xoves o acto De Rosala s cantareiras: as letras galegas con voz de muller. Nel, púxose en valor o papel de cantareiras, pandeireteiras e regueifeiras e reivindicouse a importancia da transmisin oral, de xeracin en xeracin, da cultura e a lingua galegas.

Na presentacin da actividade, Francisco Javier Rodrguez, vicerreitor do campus de Ourense, salientou que este ano, na celebracin do 17 de maio conflúen dúas reivindicacins: a da lingua galega pero tamén a do papel das mulleres “como grandes creadoras e transmisoras da cultura do noso pas”. O responsable académico animou ao alumnado presente a implicarse no uso do galego e lembrou o compromiso coa lingua, “no traballo da a da” e non s en eventos puntuais, da institucin académica e da Facultade de Educacin e Traballo Social que organizou este acto.

Pola súa banda, Ana Iglesias, coordinadora da actividade na Facultade de Educacin e Traballo Social, puxo en valor a “perspectiva feminina” que ten a conmemoracin deste ano do Da das Letras Galegas. A profesora recalcou, ante o numeroso alumnado do centro que participou na homenaxe, a importancia da transmisin interxeracional da lingua e a cultura galegas. Para a supervivencia do idioma, recalcou, “é imprescindible que a xuventude sexa condutora e reprodutora da nosa lingua”. Neste senso lembrou aos estudantes de Educacin Infantil e Educacin Primaria presentes que elas e eles sern o da de ma, cando sexan mestras e mestres, “referentes lingüsticos” para as crianzas das súas aulas e como tern un “papel fundamental” no futuro do galego.

Pasado e presente

O acto arrancou coa conferencia A tradicin de cantar: cantareiras e cantares, a cargo de Cristina Asenjo, profesora de música do IES de Maceda, membro de grupos como O Sonoro Maxn e Lamatumb, que actualmente realiza a súa tese de doutoramento na Facultade de Educacin e Traballo Social ourens. Na súa intervencin fixo un repaso polas mulleres elixidas pola Real Academia Galega para personificar a homenaxe deste Da das Letras Galegas: Adolfina e Rosa Cass Rama, de Cerceda; Eva Castieira Santos, de Muxa, e Manuela Lema, Teresa Garca Prieto e Prudencia e Asuncin Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica). Estas mulleres, dixo a relatora, “representan a memoria colectiva, a transmisin oral e a resistencia para preservar o galego en tempos difciles”. O seu fito na música, sinalou, foi “transmitir a oralidade, esa sabedora, esa memoria colectiva”, sinalando que as homenaxeadas neste 17 de maio “sacaron as pandeireteiras das aldeas e déronlle unha proxeccin mis escénica”.

No seu percorrido pola traxectoria destas mulleres, Cristina Asenjo tamén lembrou o traballo de recollida e anlise da música tradicional galega feita pola musicloga suza Dorothé Schubarth na súa estada en Galicia desde 1978. Ademais, fixo un repaso por como evolucionou a pandeireta e a tradicin de cantar entre mulleres na cultura galega ata chegar a actualidade, actualidade na que, indicou, vvese un “boom” musical, apuntando fitos como os acadados polas Tanxugueiras.

Na homenaxe celebrada este xoves no campus de Ourense tivo un papel moi importante o alumnado dos graos de Educacin Infantil e de Educacin Primaria do centro, que, acompaados pola profesora Luca Casal, interpretaron xuntos a Pandeirada de Doade. Tamén houbo unha mesa redonda, moderada polo profesorado do centro Mercedes Gonzlez e Fernando Dacosta, na que o estudantado expuxo os traballos realizados arredor dos cantares galegos e nos que reflexionaron sobre temas como o papel da muller neles. Completaron a programacin a actuacin do grupo de pandeireteiras Xúa e as regueifeiras Branca Trigo e Silvia Villar.