Dando continuidade aula de teatro que permite iniciarse nesta disciplina
O campus dtase dun grupo de teatro
As e os seus integrantes presentarn unha obra na Miteu
Despois de pr en marcha unha aula de teatro, aberta tanto comunidade universitaria como ao conxunto da cidadana, e da recuperacin en 2022 da Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu) de Pontevedra, o campus contar tamén coa súa propia agrupacin teatral. Seguindo o esquema xa adoptado noutras actividades culturais de carcter permanente da Vicerreitora, a actividade do grupo centrarase na preparacin e representacin de obras, mentres que a aula manter un carcter formativo.
Esta combinacin dunha aula formativa cun grupo mis orientado preparacin de actuacins púxose en marcha o pasado ano coa creacin do Grupo de Música Tradicional do campus, ao que seguiu no presente curso o de baile tradicional. Nestas semanas, a estas iniciativas súmase a posta en marcha deste grupo teatral, que neste caso d continuidade ao obradoiro de teatro desenvolvido no primeiro cuadrimestre e que ten como primeiro obxectivo preparar unha montaxe para unha nova edicin da Miteu.
De feito, esta iniciativa botou a andar cos e coas participantes no obradoiro desenvolvido no primeiro cuadrimestre, unha actividade “que funcionou moi ben”, como recoece o director de rea adxunto Vicerreitora, Luis Torres, que explica que “a partir do curso que vén xa se vai convocar tanto o obradoiro como o grupo”. Deste xeito, ambas iniciativas desenvolvern a súa actividade de xeito paralelo ao longo do ano. No primeiro dos casos, engade, tratarase dunha iniciativa de carcter formativo, mentres que no segundo, o obxectivo é dar forma a un “grupo estable”, anda que tamén aberto “a recibir mis membros se o director o considera oportuno”.
O primeiro obxectivo, a Miteu
Baixo a direccin do tamén coordinador da aula, Jesús Salvador del Ro, este grupo ter como “primeiro obxectivo”, lembra Torres, a súa participacin na Miteu, que se desenvolver en Pontevedra na primeira quincena de maio. Neste caso, a iniciativa implica dar continuidade ao traballo desenvolvido previamente cunha aula que contou cunha quincena de participantes, tanto “un grupo grande de universitarios”, como por persoas de diferentes idades, que “case todas tiveran algún contacto previo co teatro”, apunta Salvador Del Ro.
Nese senso, o tamén responsable de Teatro de Ningures destaca que a posta en marcha do grupo permitir tanto preparar a participacin tanto na Miteu de Pontevedra, como nas de Vigo e Ourense, nas que representarn a obra Saxo tenor, de Roberto Vidal Bolao, as como participar noutras mostras de teatro universitario. Ao mesmo tempo, lembra, tamén contribúe a que a aula poida ofrecer “unha formacin mis estable e mis ampla”, na que achegar aos e s participantes “distintas facetas do teatro” e permitir iniciarse nesta disciplina “sen ter a obriga de representar ou de xirar coa obra”.
Nova cita coa recollida de aparellos electrnicos
Alén da actividade cultural, a Vicerreitora do campus promove tamén, entre o vindeiro luns 28 e o venres 2 de maio, a XIX Semana de Recollida de RAEE (Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrnicos), dirixida a concienciar comunidade universitaria da importancia dun correcto tratamento deste tipo de residuos, debido ao carcter contaminante dalgún dos seus compoentes. Ao longo da vindeira semana, as diferentes facultades e escolas do campus, a Casa das Camps e o Pavilln Universitario disporn duns puntos de recollida no que a comunidade universitaria poder depositar diferentes aparellos ou dispositivos informticos, que sern trasladados a un xestor autorizado para o seu tratamento.
