No acto que ter lugar o vindeiro luns 21 na sede da Vicerreitora
O campus conmemorar o Da de Rosala pondo en valor a vixencia do seu legado
Nesa xornada, Ciencias da Educacin e do Deporte celebrar o Da da Lingua Materna
“Rosala foi artfice dunha poética que co paso do tempo segue recollendo de xeito extraordinario o noso xeito de pensar, as como esas dificultades, problemticas e inxustizas anda palpables na nosa sociedade actual”. Deste xeito pon de relevo a directora da Área de Dinamizacin Cultural, Educativa e Integracin do campus, Eulalia Agrelo, a importancia de “seguir visualizando” a figura e a obra de Rosala da Castro, motivo central do acto de homenaxe que o vindeiro luns s 19.30 horas acoller a sede da Vicerreitora do campus. Baixo o ttulo de Sementando pensamentos, este acto aberto ao público combinar unha conferencia do profesor da Facultade de Filoloxa e Traducin e presidente da Fundacin Rosala de Castro, Anxo Angueira, coa actuacin musical da Aula Permanente de ú Tradicional do campus e a lectura do con motivo da conmemoracin, o mércores 23, do Da de Rosala.
No marco das múltiples actividades centradas na poeta que diferentes institucins promoven nos prximos das, a Vicerreitora busca “contribur a homenaxear autora fundacional da literatura galega moderna", coa idea tamén de que actos como este sirvan como unha “invitacin a reler a súa propia escrita e ver que segue anda moi anoada a nosa vida diaria”, salienta Agrelo. Con este propsito, o acto contar coa participacin de Anxo Angueira, “un dos grandes coecedores da figura rosaliana”, que impartir unha conferencia titulada Rosala hoxe, na que “entendo que quere facer unha exposicin de como é interpretada hoxe en da e da vixencia da súa escrita”, engade a directora da Área de Dinamizacin Cultural, Educativa e Integracin.
Conexin entre as propostas culturais do campus
Xunto coa intervencin do vicerreitor do campus, Jorge Soto, este acto de homenaxe contar coa actuacin do grupo de zanfonas da Aula Permanente de ú Tradicional do campus, da que naceu un grupo de música con varios formatos que nos últimos meses actuou en diferentes actividades, promovidas pola Universidade, como a inauguracin da Sala Profesor Manuel Moldes, vez que acompaou nunha peza ao gaiteiro Carlos Núez no seu último concerto en Pontevedra. Desta volta, tratarase da primeira actuacin do seu grupo de zanfonas, que interpretar o Valse de Ribadavia e o Pasacorredoiras de Monel. Á súa actuacin sumarase a participacin do responsable da aula, Suso Vaamonde, que acompaar a lectura do manifesto da Aelg interpretando zanfona a Alborada de Rosala, seguindo a versin gravada en 1928 por Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo. Realizado pola escritora Beatriz Maceda Abeleira, a lectura deste manifesto correr a cargo de Natalia Garca, alumna da Aula de Teatro impulsada no presente curso no campus, no marco dun convenio da Concellera de Promocin Econmica e Universidades. “Parecanos sumamente interesante vincular s persoas que teen unha participacin activa nas diferentes propostas que se desenvolven desde a Vicerreitora, darlles un protagonismo principal e visualizar as actividades culturais que se fan no campus”, salienta Agrelo.
Un mural conmemorativo do Da da Lingua Materna
Alén desta homenaxe, o vindeiro luns 21 conmemrase o Da Internacional da Lingua Materna, para o que a Comisin PEA-Unesco da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte promove o desenvolvemento dun “mural colaborativo” no acceso ao centro, que constituir o “eixo central dunha que se desenvolver en diferentes materias das titulacins” da facultade ao longo do da, como explican os seus responsables. Coordinada polos profesores Carlos Valcrcel e Ana Acua, nesta actividade convdase tanto ao conxunto da comunidade universitaria como a calquera persoa interesada a que “escriba na súa lingua materna ou de herdanza familiar palabras, expresins, refrns ou mesmo pequenos relatos e poesas usando postits de diferentes cores”, para logo situalos nos dous paneis que permanecern no acceso ao centro ao longo de toda a xornada. Nese senso, convdase tamén aos e s participantes a que empreguen estes paneis como pousadoiros para a realizacin de fotografas e a que as difundan a través das redes sociais coas etiquetas #DiaDaLinguaMaterna #UNESCO #fcced. Deste xeito, a Comisin PEA-Unesco busca contribur concienciacin respecto da “importancia das linguas maternas para o desenvolvemento das persoas” e pr o foco en como “a diversidade lingüstica est a diminur drasticamente en todo o mundo, conforme moitas linguas se extinguen e perden boa pare dos seus falantes nativos”.
