DUVI

Diario da 鶹

A través do programa ‘Falamos’, que promoven Universidade e Concello

O campus busca novos e novas galegofalantes

Unha serie de postos informativos dan a coecer a iniciativa nos diferentes centros

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Cine
  • Cultura
  • Estudantado
  • Lingua Galega
  • Cultura
DUVI Pontevedra 22/09/2020

Potenciar o uso do galego entre o alumnado do campus pontevedrés é o obxectivo central do programa , impulsado pola 鶹 e o Concello de Pontevedra, que desde este martes busca darse a coecer entre a comunidade universitaria nos postos informativos que se irn instalando diante dos diferentes centros. Un ciclo de proxeccins e coloquios sobre pelculas, un club de lectura, un curso de cocia e un proxecto de voluntariado lingüstico integran o programa de actividades, de carcter gratuto, desta iniciativa, nas que é posible inscribirse tanto a través da web do programa como nos diferentes postos informativos.

Os accesos s facultades deCiencias Sociais e da dzܲԾ e Belas Artes acollen este martes os postos desta iniciativa, resultado do traballo conxunto da Área de Normalizacin Lingüstica da Universidade, o Servizo de Normalizacin Lingüstica do Concello e grupo de preto de 15 persoas do que forman parte tanto estudantado como profesorado do campus. “Entendemos que neste momento é un programa moi acado, xa que os ndices de galegofalantes no campus son baixos”, salientou o vicerreitor Jorge Soto na visita que realizou, xunto ao concelleiro de Normalizacin Lingüstica, Alberto Oubia, ao posto instalado diante de CCSS e da dzܲԾ. Soto pua o acento deste xeito no informe realizado pola Universidade en 2018 e no que, no referido súa lingua habitual, s o 18% das e os estudantes se definan como “monolingües en galego”, fronte a un 64% en casteln. “O idioma oficial da 鶹 é o galego, é algo que levamos no noso ADN”, engadiu o vicerreitor do campus. Alberto Oubia, pola súa banda, puxo o acento en que a chegada universidade pode ser “un momento marabilloso para cambiar de lingua”. Con esa idea o programa busca ofrecer, a través de diferentes actividades, un espazo de socializacin en galego para o alumnado e coa idea de "chegar maior parte dos rapaces e rapazas" despréganse nestes das esta serie de postos informativos, que se suman difusin a través da rede, explicou o edil.

Vencer a “vergoa e a falta de costume”

Titulados en Belas Artes, Carmen Cuervo e Pedro Gonzlez foron os primeiros en inscribirse, en CCSS e da dzܲԾ, nunha iniciativa da que destacaron a posibilidade de “coecer xente e compartir afeccins” que achega o seu voluntariado lingüstico. “Alégrame moito que haxa este tipo de programas e que a xente se implique”, salientaba Gonzlez, que incida no interese deste tipo de propostas para vencer “a vergoa ou falta de costume”.

En horario de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 19.00 horas, estes puntos informativos trasldanse ma mércores Escola de Enxeara Forestal e Escola de Enfermara. O xoves estarn situados en CCSS e da dzܲԾ, Fisioterapia e Ciencias da Educacin e do Deporte e, xa a vindeira semana, o luns retornarn EE Forestal e a Belas Artes e o martes instalaranse na sede da Vicerreitora e nas facultades de Ciencias da Educacin e do Deporte e Fisioterapia.