DUVI

Diario da 鶹

A través dun obradoiro de iniciacin impartido pola docente e pandeireteira Montse Rivera

O campus busca impulsar un grupo de baile tradicional

Cun prazo de inscricin para a comunidade universitaria e outro para o conxunto da cidadana

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Cultura
  • Cultura
DUVI Pontevedra 30/01/2023

Iniciarse, sen necesidade de coecementos previos, nos principais ritmos do baile tradicional galego é o propsito central do obradoiro que a Vicerreitora pon en marcha por primeira vez no campus, coa mestra de baile, pandeireta e canto tradicional Monste Rivera, integrante do grupo Leila, como docente. Aberto participacin dun mximo de 18 persoas, este mércores 1 e xoves 2 permanecer aberto o prazo de inscricin neste curso para as e os integrantes da comunidade universitaria e, de quedar vacantes, abrirase un segundo prazo do 6 ao 14 de febreiro para o conxunto da cidadana. O curso desenvolver as súas clases nas tardes dos xoves na Casa das Camps entre o 16 de febreiro e o 1 de xuo e trtase, como explica o director de rea adxunto Vicerreitora, Luis Torres, do primeiro paso dunha iniciativa " que buscamos dar continuidade" e rematar dando lugar creacin “dun grupo estable” de baile no campus.

Como explica Torres, a posta en marcha deste obradoiro “intenta completar un pouco a exitosa acollida da Aula Permanente de Música Tradicional Galega”, que iniciou a súa andaina como un obradoiro de interpretacin de instrumentos populares e que fixo posible o impulso dun grupo musical que nos últimos meses protagonizou diferentes actuacins. “Trtase un obradoiro que xa se intentara poer en marcha hai anos e que por cuestins técnicas non se chegou a realizar, pero que vamos que tia moita aceptacin”, engade o director de rea respecto deste “curso de iniciacin, no que se comezar desde cero”. Nese senso, o propsito é que esta formacin, a cargo “dunha profesora de danza que ten publicado ademais varios libros sobre o baile tradicional”, permita tanto coecer os principais aspectos de bailes como a muieira e a xota, como iniciarse na súa prctica. De feito, explica Torres, a intencin é que as e os participantes poidan preparar ao longo do curso “unha ou dúas pezas” coas que participar nos concertos que no mes de xuo leva a cabo nas rúas de Pontevedra a Aula Permanente de Música Tradicional.

A matrcula neste obradoiro de 30 horas ten un prezo de 26 euros para a comunidade universitaria e de 40 para o público xeral, podendo formalizarse a través da plataforma .

Soltos e agarrados

Como recolle a resolucin reitoral pola que se convoca este Obradoiro de iniciacin ao baile tradicional galego: como bailar nun sern, o obxectivo deste curso é “aprender o imprescindible para poder participar de maneira efectiva e divertida nunha foliada”, vez que se realiza “un exercicio fsico aerbico cunha certa esixencia”. No programa desta actividade figura, en primeiro termo, un achegamento aos principais “ritmos soltos do noso baile tradicional”, a muieira e a xota, co obxectivo de aprender tanto os seus "pasos base" como “as regras que rexen a súa combinacin para convertelos en puntos”. Ao mesmo tempo, neste obradoiro tamén tern cabida os “principais ritmos agarrados, o pasodobre e o valse”, xunto coa proxeccin de pezas resultado de “recollidas realizadas polo territorio galego dende mediados” da década de 1980, co obxectivo de poder tamén afondar nas orixes destes bailes.

Deste xeito, a actividade permitir achegarse tamén ao arquivo audiovisual conformado ao longo de mis de 30 anos de investigacin etnogrfica por Rivera, integrante desde 1989 do grupo de pandeireteiras Leila, co que ten publicado cinco discos e ofrecido concertos en diferentes pases. Mestra de baile, pandeireta e canto tradicional para diferentes asociacins, institucins e festivais, Rivera foi tamén durante nove anos a directora do corpo de baile e pandeiretas da Agrupacin Folclrica Cantigas e Agarimos e desde 2012 é a directora do grupo de baile Brincadeira, de Santiago de Compostela, labor que compaxina coa súa faceta como músico en Leila e no grupo Pesdeln, que formou xunto a Mercedes Prieto.