Na exposicin ‘The making of a painting / Facer unha pintura’, que se inaugura este xoves
O britnico Simon Callery presenta na Sala Manuel Moldes unha obra nacida en contacto coas paisaxes de Pontevedra
O artista desenvolveu este proxecto coa colaboracin de estudantes de Belas Artes
Resultado dun proceso de traballo no que contou coa colaboracin dun grupo de estudantes da Facultade de Belas Artes, o artista britnico Simon Callery presenta na tarde deste xoves na Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes unha obra de grandes dimensins que é o resultado final de semanas de traballo en contacto directo coas paisaxes do ro Lérez, Cabo Udra e Mogor. Baixo o ttulo de The making of a painting / Facer unha pintura, este espazo expositivo acoller ata o 30 de abril a que é a terceira exposicin en Espaa dun artista que ao longo das últimas tres décadas protagonizou un bo número de mostras, tanto no Reino Unido como en diferentes pases. Nela poder verse tanto unha pintura que, explica Callery, “non é unha representacin da paisaxe”, senn que foi “feita en contacto” con esta, como un vdeo que documenta o proceso de traballo para a realizacin desta peza.
“A obra non fala sobre un lugar, senn que provén del. É unha pegada do territorio, pero non est intentando representalo”, destaca Elena Bangueses, comisaria dunha exposicin promovida coa colaboracin da Vicerreitora do campus de Pontevedra e do Departamento de Pintura da 鶹. Como explica o coordinador da Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes e vicedecano de Cultura de Belas Artes, Ignacio Pérez-Jofre, a obra de Callery defnese por “unha concepcin da pintura marcada pola materialidade” e tamén por “un traballo moi relacionado co territorio”, o que sumado a que o artista londiniense xa tia desenvolvido procesos colaborativos previamente levrono a convidalo realizacin “dun taller, coa intervencin de estudantes, encamiado a producir unha obra”.
O resultado final dese proceso, no que Callery contou coa colaboracin dos estudantes da facultade Goa Vzquez, Julio Cataln, Álex Fuertes, Diego del Ro e Cristina Rus estrease na exposicin que inaugurada este xoves. Á súa vez, a mostra complétase coa proxeccin dun vdeo documental realizado polos estudantes Ruth Vidal e Carlos Fernndez, que permite coecer as diferentes fases do traballo desenvolvido ao longo das últimas semanas.
Unha pintura marcada polo territorio
“Detrs dos meus procesos est a ambicin de que a pintura sexa algo que sentes co teu corpo, non s algo que ves”, sinala Callery, que incide na importancia que ten no seu traballo a materialidade e o contacto directo co territorio. O seu obxectivo, explica, é que o espectador poida “sentir fisicamente” a pintura, “con todos os seus sentidos” e non unicamente percibila a través da vista. “A razn pola que fago isto é porque penso que a cultura é demasiado visual. Poemos un énfase masivo na imaxe e perdemos contacto con outras partes de ns mesmos”, sublia o artista britnico.
Nese obxectivo, a producin artstica de Callery caracterzase polo desenvolvemento, como explica Bangueses, “de pinturas a grande escala no territorio”, que son o resultado duns “procesos moi laboriosos”, como o desenvolvido neste caso na contorna de Pontevedra. Realizado coa colaboracin do estudantado seleccionado para este proxecto, este traballo iniciouse coa preparacin dun lenzo, provinte da India, a través “dun lavado natural, usando as técnicas clsicas en zonas de correntes de auga”. Este primeiro paso levouse a cabo no Lérez, nas proximidades do antigo balneario. Tras ela, acometeuse o tinguido do lenzo “con pigmentos naturais, provenientes da terra”, empregando cores, como apunta Bangueses, que inciden tamén nesa conexin coa paisaxe. Finalmente,traballou coas teas en distintas localizacins, como Mogor, Cabo Udra ou novamente o Lérez, onde se foron “marcando e cortando os lenzos”, sobre “zonas escollidas polo artista, sen premeditacin previa”, dando como resultado unha obra marcada por esa “pegada do territorio”.
