XXVII edicin do Seminario de Loxstica na Escola de Enxeera Industrial
Big Data e intelixencia artificial para que a cadea de subministro se adapte industria 4.0
Coa participacin de 200 persoas, entre profesionais e estudantes
A globalizacin econmica e a industria 4.0 traen consigo retos, cambios de paradigma e a adaptacin a novas tecnoloxas para todos os actores implicados no tecido industrial, inclundo os departamentos de loxstica e xestin da cadea de subministro. Sobre estas novas tendencias debateron este mércores no campus as arredor de 200 persoas, entre profesionais e estudantes, asistentes vixésimo sétima edicin do Seminario de Loxstica.
O evento, organizado polo Grupo de Enxeera de Organizacin, é en palabras do director da Escola de Enxeera Industrial, Juan E. Pardo, “un clsico, un punto de encontro onde temos a oportunidade de compartir experiencias que sirvan de inspiracin nos nosos proxectos”, polo que felicitou ao profesor Jose Carlos Prado, responsable da organizacin. Pardo amosouse tamén moi satisfeito porque neste evento se dan cita moitos profesionais que no seu momento foron estudantes do centro, “e que hoxe estn aqu tanto como poentes como entre os asistentes”.
Esta edicin centrouse nos retos da loxstica na contorna da industria 4.0 e foron precisamente os representantes de consultoras como PricewaterhouseCoopers e empresas como GKN Driveline Vigo, Vegalsa-Eroski e Partenn os que achegaron as súas experiencias. O profesor José Carlos Prado poa en valor a importancia de poder contar na xornada con profesionais que acheguen as súas experiencias neste mbito, xa que o obxectivo é “compartir entre todos os que vivimos neste mundo da loxstica, cuxo nome probablemente se non tea quedado un pouco vello” por todas as novas aplicacins e tendencias neste eido. Juan E. Pardo tamén puxo en valor a contribucin de moitos egresados e egresadas da escola no éxito de “empresas da nosa comunidade e da nosa cidade”, ao tempo que lembraba que na industria de Galicia se dan certas caractersticas que fan que a loxstica se tea desenvolvido dunha maneira destacada en sectores como a actividade portuaria, a pesca ou a madeira.
“O Big Data non é unha opcin”
A primeira das conferencias, sobre a aplicacin de Big Data na xestin das cadeas de subministro, correu a cargo de Anbal Vian, egresado da EEI e actualmente Manager Supply Chain & Operaciones de PricewaterhouseCoopers (PwC), unhas das catro grandes consultoras e auditoras do mundo. Na súa intervencin abordou a importancia do Big Data no mbito da cadea de subministro das empresas en diferentes eidos, “xa que a loxstica non se refire unicamente a cousas materiais, senn que moitas veces trtase de intanxibles que tamén se mercan en sectores como a banca”. Vian lembrou que a loxstica ten cada vez mis presencia pero tamén est en constante cambio, adaptndose por exemplo ao uso das tecnoloxas Big Data ou intelixencia artificial, que permiten a anlise de grandes cantidades de datos e “estn a cambiar o xeito de traballar dos que nos dedicamos loxstica”, polo que lle recomendou ao alumnado presente adquirir coecementos neste campo.
Dende o punto de vista da cadea de subministro, explicaba, sempre subxacen dous grandes problemas ou retos de futuro: a velocidade e a precisin. “As decisins tmanse cada vez mis rpido e, s veces, chegan a facerse tres planificacins diferentes cada da nunha empresa”, o que supn un enorme cambio de paradigma. A precisin, pola súa banda, é relevante porque “estamos nun momento de recursos escasos e non podemos malgastar”. As, para poder traballar con velocidade e a precisin aposta polo Big Data, que permite o manexo e anlise de gran cantidade de datos con rapidez para poder decidir con axilidade “onde producir, cando mercar, canto almacenar, etc.” Ademais, estas tecnoloxas de datos achegan maior visibilidade e transparencia o longo da cadea de subministro, algo “imprescindible na actualidade” e permiten enfrontar a volatilidade da demanda mediante unha xestin adecuada dos inventarios, “xa que cada vez os ciclos de planificacin son mis curtos e os clientes menos fieis”, polo que existe moita flutuacin.
Por todo isto, Anbal Vian era contundente sobre o uso destas tecnoloxas de datos: “non é unha opcin, non podemos renunciar a elas”, e a un paso mis al avanzando que “xa se comeza a falar da smart supply chain, a cadea de subministro intelixente, na que se toman decisins de forma autnoma por parte do propio do software. “Isto é xa unha realidade, anda que moitas veces non o percibimos, pero empresas como Amazon xa o fan”.
Programa da xornada
Seguindo coa temtica central da edicin deste ano, Jorge Ortega, enxeeiro de Loxstica en GKN Driveline Vigo, presentou un relatorio titulado Una experiencia de implantacin de AGVs para dar servicio a las lneas de producccin, centrado no emprego de vehculos de guiado automtico nas cadeas produtivas das empresas. A xornada completouse coa intervencin de Fernando Casal, director de Loxstica en Vegalsa-Eroski, cunha conferencia sobre La logstica de distribucin en Vegalsa-Eroski. Actuaciones, retos y desafos, e Miguel Carballs e Jorge Yaez, responsables de producin e I+D+i en Partenn, empresa galega lder no deseo e confeccin de vestiario técnico para corpos e forzas de seguridade. que explicaron o proceso de implantacin e mellora de indicadores e captura de datos na compaa.
