Pode visitarse durante este mes de marzo
A Biblioteca Universitaria rende homenaxe a 21 "mulleres intrépidas e aventureiras" que fixeron historia
Exploradoras, aviadoras, alpinistas ou astronautas que destacaron en contextos masculinizados
Como cada ano, a Biblioteca Universitaria únese celebracin do Da Internacional da Muller e faino, desta volta, cunha exposicin na que durante todo o mes de marzo se rende homenaxe a 21 mulleres que, ao longo da historia, romperon co estereotipo da debilidade fsica masculina. Desde Exeria no século IV ata Laura Dekker xa neste século, o persoal da biblioteca fixo unha seleccin de Mulleres intrépidas, que é o ttulo da mostra, “que exploraron o planeta e o espazo por distintos medios”.
Exploradoras, aviadoras, alpinistas, nadadoras, navegantes, astronautas... sen deixar de poer en valor a Exeria. Todas elas, explica o persoal da Biblioteca que impulsa esta iniciativa, “teen en común ter superado os convencionalismos sociais co seu esprito de superacin”.
No taboleiro da entrada pdese consultar un pequeno resumo e xustificacin da mostra, no que se explica que anda que existiron mulleres intrépidas e aventureiras desde os tempos mis remotos, este ten sido sempre un mundo “tradicionalmente masculino”. Por iso esta mostra quere botar a vista atrs e poer en valor fazaas de mulleres que “descubriron, voaron, investigaron e foron as protagonistas de aventuras trepidantes e perigosas”. Algunhas delas conseguiron gravar o seu nome na historia moi a pesar do contexto social que as rodeaba, pero outras caeron no esquecemento.
Nesta cristaleira estn as 20 mulleres seleccionadas, coa súa imaxe e algúns datos biogrficos, facendo especial mencin aos seus logros. Desde Isabel Barreto, primeira muller almirante na historia de Espaa, que viviu entre os séculos XVI e XVII ata a neocelandesa Laura Dekker, que en 2010 se converteu na persoa mis nova en circunnavegar o mundo en solitario, pasando pola alpinista Edurne Pasabn, a aviadora Amelia Earhart ou a astronauta Valentina Vladmirovna Tereshkova, primeira muller e primeira civil en levar a cabo unha viaxe espacial en 1963. Tamén se pode coecer nesta mostra a historia doutras pioneiras dos séculos XVIII e XIX como a viaxeira Ida Pfeiffer, primeira muller admitida nas sociedades xeogrficas de Berln e Pars, a exploradora Mary Kingsley, coecida como 'A raa de África', ou Josephine Cecilia Diebitsch Peary, quen descubriu que Grenlandia era unha illa e non unha pennsula. Xunto con informacin de cada unha destas mulleres senlleiras, o público tamén pode atopar unha seleccin de fondos bibliogrficos relacionados coa temtica, que se poden solicitar en empréstito.
Ademais, nun espazo aparte est o recuncho dedicado galega Exeria, primeira peregrina a Terra Santa e autora de Itinerarium ad Loca Sancta, libro no que relata esta viaxe. Para manter vivo o seu recordo, a 鶹 decidiu poerlle o seu nome (elixido por votacin popular en 2018) a un dos edificios administrativos do campus de Vigo.
